Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2025 | Actualizada ás 14:38
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, informou de que a Xunta recibiu ata o momento 23 solicitudes de axudas para a reconstrución das vivendas afectadas polos incendios. Así o sinalou este sábado durante unha visita aos concellos ourensáns da Pobra de Trives e Larouco, onde se reuniu con veciños e alcaldes afectados polos incendios.
A conselleira remarcou o compromiso do Executivo autonómico para axilizar "coa máxima celeridade" a tramitación das axudas, co obxectivo de que as familias poidan comezar "canto antes" a recuperación dos fogares. Actualmente, ademais das 23 peticións de axudas, un total de 78 persoas solicitaron información sobre estas achegas.
Neste sentido, a conselleira lembrou que as axudas poden alcanzar case 150.000 euros no caso de vivendas habituais, xa que aos 132.000 euros de para a rehabilitación do inmoble poden sumarse 16.200 euros polo enxoval doméstico.
PP PIDE ACUDIR ÁS AXUDAS
Os deputados do Grupo Popular Ángel Rodríguez e Magdalena Pérez animaron aos afectados por incendios forestais a solicitar as axudas da Xunta para recuperar "no posible" todo o que perderon, desde as propias vivendas ata explotacións agrarias e gandeiras ou negocios. Así o sinalaron este sábado durante unha visita ao monte veciñal de man común Cruz de Avelá, no concello de Dodro, onde incidiron na importancia dos traballos preventivos na loita contra os lumes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.