Calculan perdas de 30 millóns na loita contra a fraude en Galicia

Os técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha) din que isto é debido ao cambio de sistema de traballo e pola falta de privacidade á hora de investigar casos.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 25/09/2019 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

Os técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha) calcularon nuns 30 millóns de euros en Galicia e 595 en todo o Estado as perdas na loita contra a fraude debida á nova estrutura física da AEAT e o IGAE, pola aposta por un modelo de espazos de traballo diáfanos e compartidos -denominados 'pradarías'- no canto de manter os despachos individuais.

Aínda que o traballo en 'pradarías' afecta especialmente as funcións de máis de 8.000 técnicos no Ministerio de Facenda, Gestha apunta que é máis crítico a investigación dos presuntos delitos fiscais, branqueo ou contrabando, para os funcionarios da Unidade de apoio á Fiscalía Anticorrupción ou para os técnicos de Facenda en peritaxes e auxilio xudicial en procesos penais, como sucedeu cos técnicos do IGAE en peritaxes de control do gasto público de impacto mediática como os ERE de Andalucía, entre outros.

Por iso, Gestha pedirá ao Ministerio de Facenda resultante do futuro Goberno que revise a interpretación da orde de 2013 pola que se organizan os espazos de traballo, e que manteña e, no seu caso, recupere o uso de despachos individuais para os técnicos da AEAT e do IGAE por ser "imprescindible polas características do posto de traballo", e non só para funcionarios do tres niveles superiores 28 a 30 como sucede neste Ministerio ata a data.

Operación 'Frangus' por suposto fraude na xestión de axudas europeas. GARDA CIVIL
Operación 'Frangus' por suposto fraude na xestión de axudas europeas. GARDA CIVIL

PROTECCIÓN DE DATOS

O colectivo advertiu, ademais, de que a Axencia Tributaria podería estar a vulnerar o dereito á intimidade e á protección de datos de ata 16 millóns de contribuíntes, unha situación na que tamén estaría a incorrer a Intervención Xeral da Administración do Estado (IGAE), en relación cos expedientes de control do gasto e subvencións.

Segundo o sindicato, esta desprotección vén motivada pola imposibilidade de garantir a confidencialidade así como a dificultade de preservar o sixilo e a discreción das actuacións tributarias, aduaneiras e da contabilidade e auditoría pública.

Para Gestha, esta supresión das barreiras físicas parte dunha interpretación "un tanto equivocada e restritiva" dunha orde do Ministro de Facenda de 11 de abril de 2013, que está a provocar o descontento e queixas por esta falta de intimidade de contribuíntes e asesores fiscais que se senten "observados" e "escoitados" por persoas alleas. Por iso, Gestha animará aos colexios profesionais da asesoría tributaria a que formalicen as queixas dos seus asociados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta