Convocada manifestación no sector da construción o 5 de novembro por parte da CIG

Tamén CIG-Administración Autonómica convocou, para o 30 de outubro, unha manifestación do Servizo de prevención e Defensa contra Incendios Forestais en Santiago.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2025 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

A CIG convocou unha xornada de folga no sector da construción en Galicia para o próximo 5 de novembro, unha protesta que afectará tanto á obra pública como á privada e que busca reivindicar un marco galego de negociación colectiva que blinde e mellore os convenios provinciais.

En Pontevedra a manifestación partirá ás 12.00 horas desde o local sindical da CIG, na rúa Pasantería, e percorrerá as rúas da cidade ata concluír nunha concentración na Ponte dos Tirantes. Durante os días previos á folga, a CIG organizará asembleas abertas en distintas localidades para explicar os motivos desta convocatoria.

Segundo explicou este martes en rolda de prensa Lara Fernández, responsable da Federación da Construción da CIG en Pontevedra, a protesta ten como obxectivo lograr un marco autonómico que permita negociar aspectos crave como salarios e xornadas laborais, competencias que actualmente están reservadas ao convenio estatal.

Fernández subliñou que a folga responde á necesidade de superar os límites que fixa o actual modelo estatal, que impide melloras acordadas a nivel provincial e impón medidas como os plans privados de pensións o u a obrigatoriedade da Fundación Laboral da Construción. "Esta folga non é un capricho", afirmou, lembrando que o convenio provincial de Pontevedra foi impugnado pola patronal española por incluír avances que ían máis aló do marco estatal.

A CIG, sindicato maioritario no sector en Galicia, trasladou a súa proposta de abrir esta negociación á Federación Galega da Construción (FEGACONS) e ás catro patronais provinciais, sen recibir resposta. Ante o que cualifican como unha actitude "obstrucionista", a central nacionalista optou por convocar esta folga e buscar un achegamento tamén a través do Consello Galego de Relacións Laborais.

Vivenda en obra, econstrución. EUROPA PRESS - Arquivo
Vivenda en obra, econstrución. EUROPA PRESS - Arquivo

OUTRA MANIFESTACIÓN EN SANTIAGO

Por outra banda, a CIG-Administración Autonómica convocou, para o 30 de outubro, unha manifestación do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF) para reclamar un servizo de incendios "público, digno e con garantías laborais".

Nun comunicado, a CIG detallou que a marcha sairá ás 11.00 horas da Consellería do Medio Rural e finalizará diante do complexo da Xunta, en San Caetano. Durante a xornada, a CIG-Administración Autonómica sinalou que os traballadores reclaman un servizo de extinción de incendios "100% público e único", no que todos os traballadores teñan as mesmas condicións laborais e que lles "garanta a súa saúde e seguridade".

Neste sentido, denunciou o "abandono, a desigualdade e a mala xestión" do SPIF da Xunta que "pon en risco de morte aos traballadores e á poboación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta