“O BNG sempre foi soberanista, non fai falla que agora nos digan o que temos que ser”

A decisión da Executiva do BNG de non acudir á recepción co monarca español puido sorprender a determinados medios de comunicación, pero forma parte dunha estratexia. Na coxuntura política actual, o nacionalismo galego non pode quedar relegado a un posto secundario ou “de mera forza rexionalista”, cando o que se debate é o futuro modelo de estado.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/12/2019 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

A decisión da Executiva do BNG de non acudir á recepción oficial co monarca español o vindeiro martes causou certa sopresa entre algúns medios de comunicación, sobre todo, da dereita mediatica, que, ata agora, manteñen unha postura moi morna co Bloque. O acordo chegou pouco despois de coñecerse que a presidenta da Cámara, Marixelt Batet, anunciara o día anterior que a esa recepción non irían nin ERC, nin EH-Bildu, nin as CUP. As tres forzas alegaban que Felipe VI non os reprensenta nin a eles, nin aos seus pobos.

Manifestación do BNG no Día da Patria 2019
Manifestación do BNG no Día da Patria 2019

Na primeira relación de forzas, Batet meteu ao Bloque e mesmo lle fixou unha hora para ver ao monarca. Iso significa que por activa ou por pasiva, o nacionalismo galego non deixou clara as súas intencións ou, cando menos, non dixo que non explícitamente a ese encontro como si fixeron ERC, EH-Bildu e as CUP.

Unha decisión que si adoptou un día despois nunha xuntanza da Executiva na que, segundo as fontes consultadas por GC, houbo debate entre os dirixentes nacionalistas sobre a necesitade ou non de acudir a esa cita co monarca español. Unha parte cría que dar marcha atrás supuña desgastar ao BNG e, especialmente, sometelo ao “foco mediatico” --dos medios da dereita-- ante a proximidade das eleccións galegas cunha mensaxe de "pro cataláns e pro independentistas". Outro grupo, que foi o que finalmente se impuxo, entende que o Bloque non ten nada que demostrar, que ten unha ideoloxía definida e, especialmente, no novo marco político que se abre en Madrid, ten que ter uns socios concretos, e eses teñen que ser os do polo soberanista.

Marta Rosique, deputada de ERC, cunha camisola coa verba 'independencia'
Marta Rosique, deputada de ERC, cunha camisola coa verba 'independencia' | Fonte: EFE

NOVAS ESTRATEXIAS

“O BNG sempre foi soberanista, non fai falla que nos digan o que temos que facer. Non ten nada que demostrar, nin nada que xustificar”, comentan fontes consultadas. ERC, as CUP e EH-Bildu, xunto con outras formacións independentistas e nacionalistas asinaron, xunto co BNG, da Declaración de Lotja de Mar, a favor da liberdade dos presos políticos cataláns e da autodeterminación. E esa declaración, aínda que non ten obrigas políticas, si que ten un carácter e unha finalidade simbólica importante.

Ata agora, as veces que o BNG estivo no Congreso sempre acudira á recepción co monarca español, primeiro sendo Francisco Rodríguez o portavoz do grupo en Madrid e, logo, Francisco Jorquera. Tamén en Marea o fixo cando entrou no Congreso.  Pero a época de Rodríguez e de Jorquera era moi diferente á de agora. Entón non existía ultradereita, nin “presos políticos”, nin os dereitos dos pobos do estado estaban “asoballados”, nin Podemos ía ter tarefas de goberno.

“Non se pode estar na mesma bancada que os rexionalistas. O BNG é moito máis que iso”, indican. Tampouco lle convén agora ao BNG visualizar un pacto co PSOE e Unidas Podemos, cando en Galicia, dentro de ben pouco terán que competir polo mesmo espazo electoral nas eleccións galegas.

SOLIDARIEDADE E MENSAXE COMÚN

Por iso, parte da dirección do BNG, entende que, no novo escenario que se abre en Madrid, non hai que estar cos “partidos do sistema”, senon coas formacións irmáns catalanas e vascas.  “E iso non significa que non loitemos pola axenda galega”. A axenda galega segue sendo prioritaria, pero nesa axenda tampouco se esquecen de temas que tamén comparten con vascos e cataláns: as da autodeterminación e solidariedade entre os pobos.

De feito, ese mesmo sentimento de unidade soberanista foi o que tentou transmitir, sabendo que era foco mediatico en todo o Estado, a deputada máis nova do Congreso, Marta Rosique Saltor, unha moza de 23 anos de ERC. Non tivo ningún apuro en amosar a súa opción da fronte soberanista catalan-vasco-galega cunha camisola negra na que se lía a palabra ‘independencia’, coloreadas cunha ikurriña, unha estelada e a estrelada galega. E ese sentimento, lle guste ou non á dereita mediatica, é o que tamén teñen moitos dos fieis afiliados do BNG, eses que quedaron e que mantiveron o barco do nacionalismo tras os duros momentos da ruptura de Amio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

10 Mais para anonimo 2

O dito. Total desfase temporal. Hoxe en Galicia, maiormente, non vive " do traballo dos emigrantes" senón de axudas públicas. As remesas masivas dos emigrantes son dos anos 60. De antes. De antes. E iso de " algún día os galegos viviremos na fartura da nosa terra " e una mixtura de inxenuidade e panfletada: hoxe, eiquí, xa ,agora, boa parte da poboación galega vive " na fartura" coma en Europa, eso dito con todos oso problemas que poda haber. Seguimos ca tinaina de fai sesenta, setenta anos. Seguimos fosilizados no pasado.

1 sermos mantidos

As contas teñen ideoloxía, e as túas apestan. Se cadra debías contrastar co libro de Xosé Díaz, "As contas que nos contan", que amosa o papel ideolóxico das balanzas fiscais, como son construidas, e o papel nas relacións entre o Estado e Galiza. Claro que igual che resulta máis doado seguir repedindo o das pensións que nos regalan... E do que nos levan? Total, Madrid, por concentrar sedes sociais, é a que máis produce! E que produce, funcionarios! E por riba xoga suxo, ofertando vantaxes fiscais! O dito, hai que ler variado!

2 anonimo 2

Os galegos não emigramos? Não, somos mais aventureiros que Dora aventureira...Por favor compartilhe conosco como se pode viver das ajudas públicas...muitos emigrantes estaríamos encantados de voltar...

9 Para anomino 2.

Alucinas. Por suposto que saín de Galicia ( coma case todo mundo eiquí), e, desde logo, non para " rendir pleitesía" a ninguén, nin traballar " para o " capital centralista". ¿ En qué mundo vives ? ¿ Na edade media, cicais ? As pensións en Galicia son deficitarias. Os xubilados de Lugo e Ourense cobran as suas pensións do que se cotiza fora de Galicia, co que se cotiza eiqui non chega. Seguimos cas panfletadiñas delirantes de fai cen anos, cando non había nen sanidade gratuirta, nen ensino gratuito, nen pensións non contributivas. O mundo cambiou moito. Alguha xente, non, e o malo é que non sede cata diso.

1 anonimo 2

Claro que não vivemos na idade média. Preste um pouco de atenção os meus comentários “Galiza entra triunfalmente na sua segunda idade de ouro, uma idade que se estende desde o século XI ao XVI, que compreende o período mais gloriosos da poesia lírica em Hispania” e hoje em dia ainda vivemos do “Pórtico da Gloria” da idade média!! Desde a doma e castração... a nada, já nos gostaria estar na idade média é poder mudar o nosso passado posterior. Volto a repetir, bom futuro lhe deseja você aso seus filhos “pensões miseráveis pagadas como esmolas”. Pois eu ainda penso como Castelao “não podemos dizer que Galiza seja a nação mais excelente de Espanha, mas é licito trabalhar para que o seja”

8 anonimo

Podese dicir mais alto pero non mais claro. Un estado independente galego sería un estado de pensionistas, cas pensións imposibles de pagar. As panfletadas de sempre so sirven para, coma di o comentarista, agarrarse a un " pau ausente". Os estados que se indpendizaron da URSS, por exemplo, non conseguiron mellores resultados que antes: os ricos, como Kazajistán ( con moito petróleo) son ricos, pero outros, coma Bielorrusia ou Tayikistán desde logo non están millor. Por favor, as eternas panfletadas en portugués xa cansan.

7 anonimo 2

O que surpreendeu e a muitos dos seus votantes, entre eles eu (agora já um ex-votante). Eu não volvo a votar a um partido para que me represente...e logo esse partido...parece tem medo...e renuncia a representar ao povo galego!!! “Os direitos dos povos não estavam asobalhados”!!! Really, o povo galego leva asobalhado desde em palavras a “doma e castração” ala pelo finais do século XV. Nas autonômicas meu voto será nulo!!

1 anonimo

O pobo galego ( coma otros, por suposto) vive, en moitísmos casos, de pensións e axudas Non sei onde está ese suposto " asoballamento". Largar a panfletada de sempre, cando sen subsidios, pensións, subvencions e similares moita xente o ía ter moi difícil, e estar fora da realidade. O nivel de renta en Galicia 8 con todos os problemas que haxa) e do 82 % da UE. Non estamos na edade media. E o número dalgún partido é un intento de buscar protagonismo social, non outra cousa.

2 anonimo 2

Esse é o futuro que você quere para seus filhos? Parafraseando a Castelao “não podemos dizer que Galiza seja a nação mais excelente de Espanha, mas é licito trabalhar para que o seja”. Você possivelmente não saiu de Galiza (ou foi a Madrid a render preitesia, a maneira mais habitual é trabalhando na capital centralista) porque claro na Galiza só há gente que vive subsídios...você moi galego não semelha, porque saberia que os galegos manterem-se do trabalho dos emigrantes não dos subsídios dos centralistas! Saia pelo mundo...mentres tanto nunca poderá entender o nosso caráter. E algum dia com políticos que mirem pelo interesse do nosso país, os galegos deixaremos de emigrar e viveremos na fartura na nossa terra.

3 anonimo 2

Recomendo-lhe o livro “Galicia, the Switzerland of Spain” escrito por A.M. Meakin em 1909, “Foi nos séculos quarto, quinto e sexto da era cristã onde Galiza alcançou o seu primeiro apoje-o como um centro de aprendizagem e fama literária. Durante este período do seu desenvolvimento intelectual e cultural superou em muito ao resto de Hispania, foi reconhecida como a Magistra Litterarum... Galiza entra triunfalmente na sua segunda idade de ouro, uma idade que se estende desde o século XI ao XVI, que compreende o período mais gloriosos da poesia lírica em Hispania...de Rosalía de Castro di-nos, sua clara e diferenciada personalidade poética destaca de entre todo os demais; deu o impulso, e outros já estão seguindo o caminho marcado pela sua genialidade, em um movimento literário, que pode, eventualmente, acabar numa terceira Idade de Ouro de Galiza” Há que ler um pouquinho mais.

6 Centroeuropeo

Algún día un psicanalista daranos a explicación de por que un partido socialdemócrata e posibilista (a moita honra) como ven sendo décadas o BNG sente a necesidade de montar de vez en cando estes numeritos de mala conciencia revolucionaria (queimarse por cataláns e vascos, defender reximes socialistas sempre que sexan doutros continentes, pouco menos que declarar a guerra ao Estado de Israel...). A que pai ausente tentan compracer con iso? E os votantes presentes seguen a agardar una opción galeguista seria.

1 Sentidiño

Socialdemócrata e posibilista? Coma Ciudadanos en 2016? Vostede qué libros le? Qué prensa? Porque iso que conra é coma o mundo ao revés! El non será que vde.é centroeuropeo dos de "Mitteleuropa"? Leu a Vicente Risco?... Mi má!

2 Centroeuropeo

Sentidiño, debía coidar esas formas, desta vez non lle presta o alcume. Afirmo que a praxe do BNG é socialdemócrata e posibilista desde hai décadas (vexa a xestión nos seus concellos, os pactos nas deputacións co nada esquerdista nin galeguista PSdeG, etc.). O discurso do BNG é outra cousa, quedou ancorado na Guerra Fría, con certa compracencia por presentarse como os malotes da clase. Lembro certa enquisa de opinión segundo a cal o BNG era percibido como o partido de esquerda máis radical do Estado, mesmo á esquerda de Bildu! Esa sona mantéñea coas performances antisistema que de vez en cando exhibe en contradicción coa súa praxe.

3 Gamela

Ao único pai da nación galega que aínda vive e vixía decote as desviacións contranatura e que leva seica 55 anos facendo o seu traballo antes na primeira fila e hoxe nas sombras! Chámase Paco e por alcume Rodríguez e segundo el os únicos galegos de nación son os que votan UPG !