Por Galicia Confidencial | Santiago | 04/09/2012 | Actualizada ás 10:20
GC remata este verán como o cuarto diario electrónico máis lido en Galicia. Dende a edición de xuño do TOP 100 elaborado por Código Cero, GC adiantou a Galiciae.com, portal das versións dixital de El Progreso e Diario de Pontevedra.
Na edición actual, do 25 de agosto, GC aparece un posto por debaixo de La Opinión de A Coruña. GC adiantou ao diario coruñés na última semana de agosto, como se pode comprobar en Alexa.com; a fonte de datos que usa Código Cero para ordear as webs do país.
A aposta pola independencia informativa tamén dá resultado no mercado dos medios na lingua propia. Galicia Confidencial amplía a súa ventaxa como o diario electrónico en galego máis lido da Internet, saltando dende o posto 26 até o 22 na clasificación global. Entre as publicacións xornalísticas en galego, a continuación aparecen Código Cero (posto 28, antes 29), Praza Pública (posto 42, antes 38), Sermos Galiza (posto 67, antes 66) e Cultura Galega (posto 72, antes 70).
Posto Actual (25/8/12) | Posto Anterior (25/7/12) | Sitio | |
1 | 1 |
= |
zara.com |
2 | 2 | = | rojadirecta.me |
3 | 3 | = | lavozdegalicia.es |
4 | 4 | = | vandal.net |
5 | 5 | = | bershka.com |
6 | 6 | = | xunta.es |
7 | 10 |
![]() |
crtvg.es |
8 | 7 |
![]() |
pullbear.com |
9 | 8 |
![]() |
novagaliciabanco.es |
10 | 12 |
![]() |
chateagratis.net |
11 | 9 |
![]() |
farodevigo.es |
... | |||
16 | 17 |
![]() |
elcorreogallego.es |
... | |||
21 | 24 |
![]() |
laopinioncoruna.es |
22 | 26 |
![]() |
galiciaconfidencial.com |
... | |||
24 | 25 |
![]() |
galiciae.com |
... | |||
28 | 29 |
![]() |
codigocero.com |
... | |||
39 | 40 |
![]() |
laregion.es |
... | |||
42 | 38 |
![]() |
praza.com |
... | |||
49 | 48 |
![]() |
chuza.gl |
50 | 53 |
![]() |
noticiasgalicia.com |
... | |||
56 | 57 |
![]() |
galicia24horas.es |
... | |||
63 | 80 |
![]() |
elidealgallego.es |
... | |||
67 | 66 |
![]() |
sermosgaliza.com |
... | |||
72 | 70 |
![]() |
culturagalega.org |
73 | 68 |
![]() |
atlantico.net |
... | |||
93 | 114 |
![]() |
galiciadiario.com |
Fonte:codigocero.com con datos de alexa.com |
O "Top 100" está tirado dos datos da consultora Alexa, que en teoría tamén utilizan algunhas administracións para decidir o reparto de campañas publicitarias na rede. Con todo é evidente que algunhas cabeceiras son beneficiadas no reparto de báneres, malia o seu escaso éxito na Rede.
Unha análise da audiencia nas redes sociais mostra que GC tamén é o medio en galego con máis seguidores. No global de Galicia, unicamente La Voz de Galicia e Faro de Vigo teñen máis seareiros.
As redes sociais alimentan a audiencia dos medios en galego
Comparando os datos da audiencia global cos datos nas redes sociais, os resultados son máis positivos para os medios na lingua propia nas redes sociais. Tanto Praza Pública (uns 9.700 seareiros), como Sermos Galiza (case 6.000 seguidores) e Dioivo (por riba dos 7.000) presentan uns bos resultados, malia nacer este mesmo ano:
Diario |
|
|
Total |
La Voz de Galicia |
32.717 |
52.743 |
85.460 |
Faro de Vigo |
7.992 |
13.304 |
21.296 |
Galicia Confidencial GC Tendencias |
6.527 299 |
4.174 373 |
11.373 |
El Correo Gallego |
4.401 |
6.790 |
11.191 |
Praza Pública |
4.433 |
5.233 |
9.666 |
Diario Liberdade |
5.565 |
3.349 |
8.914 |
Diario de Pontevedra |
6.485 |
2.146 |
8.631 |
Dioivo (perfil de usuario) |
4.575 |
2.493 |
7.068 |
Galiciae-LV |
3.324 |
2.906 |
6.230 |
Noticias Galicia |
5.872 |
135 |
6.007 |
Sermos Galiza |
3.096 |
2.859 |
5.955 |
La Región de Ourense |
1.872 |
3.858 |
5.730 |
El Progreso de Lugo |
511 |
4.378 |
4.889 |
Atlántico Diario |
905 |
1.250 |
2.155 |
El Ideal Gallego |
734 |
1.040 |
1.774 |
No caso do GC, o esforzo do xestor de redes sociais Alberto Quián logrou que as redes sociais aportasen case o 30% do tráfico recibido este agosto. Confírmase o avance de Twitter, a piques de superar a Facebook como fornecedor de visitas.
Quen financia ao GC?
Este portal, a diferencia doutos medios, carece de calquera mecenas empresarial, político ou sindical. GC está formado por un equipo de profesionais do xornalismo e das novas tecnoloxías que mantén o diario cos seus aforros e traballo non remunerado.
Galicia Confidencial mantense grazas fundamentalmente aos seus contribuidores do GC Plus. É o seu apoio o que permite que GC continúe aberto como medio 100% e sega a medrar en audiencia e contidos.
Este verán GC lanzou o GCtendencias, unha revista dixital que racha cos tópicos sobre a cultura galega. O equipo de Paco Gallego xa lanzou importantes primicias, como o adianto das primeiras imaxes da primeira película para adultos en galego.
Nos vindeiros meses, GC incorporará importantes novidades, tanto en deseño, moderación de comentarios, enfoque editorial e de contidos.
Axuda para financiar melloras
Para continuar esta progresión cómpre investir recursos técnicos e humanos. So así son posíbeis traballos de investigación como este que estamos a facer con WikiLeaks, abertos a todo o público e con pequenos extras para os GCpluseiros, como o trailer explícito do Divino Ferrete.
Por iso animámos a todos os lectores a contribuír facendose GCpluseiros ou aportar calquera cantidade. Sen a axuda da audiencia non será posíbel manter aberta esta ventá de información profesional, en galego e 100% libre.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.