As redes sociais disparan a prensa en galego

GC é xa o cuarto diario máis lido na Rede en Galicia, superando este verán a La Opinión e ao portal do Progreso. Case todos os medios na lingua propia obteñen bos resultados nas redes sociais. Táboas no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 04/09/2012 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

GC remata este verán como o cuarto diario electrónico máis lido en Galicia. Dende a edición de xuño do TOP 100 elaborado por Código Cero, GC adiantou a Galiciae.com, portal das versións dixital de El Progreso e Diario de Pontevedra.

Xornalismo Sustentable, a campaña para manter aberto o GC grazas aos seus lectores
Xornalismo Sustentable, a campaña para manter aberto o GC grazas aos seus lectores

Na edición actual, do 25 de agosto, GC aparece un posto por debaixo de La Opinión de A Coruña. GC adiantou ao diario coruñés na última semana de agosto, como se pode comprobar en Alexa.com; a fonte de datos que usa Código Cero para ordear as webs do país.

A aposta pola independencia informativa tamén dá resultado no mercado dos medios na lingua propia. Galicia Confidencial amplía a súa ventaxa como o diario electrónico en galego máis lido da Internet, saltando dende o posto 26 até o 22 na clasificación global. Entre as publicacións xornalísticas en galego, a continuación aparecen Código Cero (posto 28, antes 29), Praza Pública (posto 42, antes 38), Sermos Galiza (posto 67, antes 66) e Cultura Galega (posto 72, antes 70).

Posto Actual (25/8/12) Posto Anterior (25/7/12)   Sitio
1 1

=

zara.com
2 2 = rojadirecta.me
3 3 = lavozdegalicia.es
4 4 = vandal.net
5 5 = bershka.com
6 6 = xunta.es
7 10 crtvg.es
8 7 pullbear.com
9 8 novagaliciabanco.es
10 12 chateagratis.net
11 9 farodevigo.es
...      
16 17 elcorreogallego.es
...      
21 24 laopinioncoruna.es
22 26 galiciaconfidencial.com
...      
24 25 galiciae.com
...      
28 29 codigocero.com
...      
39 40 laregion.es
...      
42 38 praza.com
...      
49 48 chuza.gl
50 53 noticiasgalicia.com
...      
56 57 galicia24horas.es
...      
63 80 elidealgallego.es
...      
67 66 sermosgaliza.com
...      
72 70 culturagalega.org
73 68 atlantico.net
...      
93 114 galiciadiario.com
Fonte:codigocero.com con datos de alexa.com

O "Top 100" está tirado dos datos da consultora Alexa, que en teoría tamén utilizan algunhas administracións para decidir o reparto de campañas publicitarias na rede. Con todo é evidente que algunhas cabeceiras son beneficiadas no reparto de báneres, malia o seu escaso éxito na Rede.

Unha análise da audiencia nas redes sociais mostra que GC tamén é o medio en galego con máis seguidores. No global de Galicia, unicamente La Voz de Galicia e Faro de Vigo teñen máis seareiros.

As redes sociais alimentan a audiencia dos medios en galego

Comparando os datos da audiencia global cos datos nas redes sociais, os resultados son máis positivos para os medios na lingua propia nas redes sociais. Tanto Praza Pública (uns 9.700 seareiros), como Sermos Galiza (case 6.000 seguidores) e Dioivo (por riba dos 7.000) presentan uns bos resultados, malia nacer este mesmo ano:


Diario

Facebook

Twitter

Total

La Voz de Galicia

32.717 

52.743

85.460

Faro de Vigo

7.992

13.304

21.296

Galicia Confidencial

GC Tendencias

6.527

299

4.174

373

11.373

El Correo Gallego

4.401

6.790

11.191

Praza Pública

4.433

5.233

9.666

Diario Liberdade

5.565

3.349

8.914

Diario de Pontevedra

6.485

2.146

8.631

Dioivo (perfil de usuario)

4.575

2.493

7.068

Galiciae-LV

3.324

2.906

6.230

Noticias Galicia

5.872 

135

6.007

Sermos Galiza

3.096

2.859

5.955

La Región de Ourense

1.872

3.858

5.730

El Progreso de Lugo

511

4.378

4.889

Atlántico Diario

905

1.250

2.155

El Ideal Gallego

734

1.040

1.774

No caso do GC, o esforzo do  xestor de redes sociais Alberto Quián logrou que as redes sociais aportasen case o 30% do tráfico recibido este agosto. Confírmase o avance de Twitter, a piques de superar a Facebook como fornecedor de visitas.

Quen financia ao GC?

Este portal, a diferencia doutos medios, carece de calquera mecenas empresarial, político ou sindical. GC está formado por un equipo de profesionais do xornalismo e das novas tecnoloxías que mantén o diario cos seus aforros e traballo non remunerado.

Galicia Confidencial mantense grazas fundamentalmente aos seus contribuidores do GC Plus. É o seu apoio o que permite que GC continúe aberto como medio 100% e sega a medrar en audiencia e contidos.

Este verán GC lanzou o GCtendencias, unha revista dixital que racha cos tópicos sobre a cultura galega. O equipo de Paco Gallego xa lanzou importantes primicias, como o adianto das primeiras imaxes da primeira película para adultos en galego.

Nos vindeiros meses, GC incorporará importantes novidades, tanto en deseño, moderación de comentarios, enfoque editorial e de contidos.

Axuda para financiar melloras

Para continuar esta progresión cómpre investir recursos técnicos e humanos. So así son posíbeis  traballos de investigación como este que estamos a facer con WikiLeaks, abertos a todo o público e con pequenos extras para os GCpluseiros, como o trailer explícito do Divino Ferrete.

Por iso animámos a todos os lectores a contribuír facendose GCpluseiros ou aportar calquera cantidade. Sen a axuda da audiencia non será posíbel manter aberta esta ventá de información profesional, en galego e 100% libre.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

12 Hermerico

Quem financia ao? ao?

11 Anti redes sociais.

Os pixos progres e as falacias das redes sociais. Custoume un ovo e parte do outro darme de baixa do feisbuc, ainda que dinme de baixa seguian a ter os dereitos de todo o que metin neses enxendros de control social. Ademais tiña un sin fin de propaganda pra venda de aparellos acordes cos meus gustos e os dos meus relacionados. Por non falar da sua censura i espionaxe tanto industrial coma social.

10 Xurxo

Por certo a web do BNG debe estar á par do galicia confidencial en Facebook e Twiter e non o vexo na lista da compra.

1 Xurxo mente

O BNG ten 5710 nun e 4.000 e pico noutro. É dicir, ten menos seareiros que o GC ou Praza, por exemplo. Na lista calquera con dous dedos de fronte dáse conta q só hai medios de comunicación. Calquera que non veña a intoxicar claro. Seguimos esperando que nos expliques como se financian Praza e Sermos.

2 Xurxo

Se les a nova aparece Zara, BSK etc que non son meios de comunicación, e se sabes contar que tamén o duvido, o BNG entre os dous fan perto dos 11000. Que premeron en me gusta, que non significa que sexa o nº dos que entran que é ao que vou, se é que tes capacidade para comprendelo.

3 Xurxo mente

Se les a nova con atención, verás que na táboa DAS REDES SOCIAIS só hai medios de comunicación. Diso dáse conta un neno de 5 anos ou calquera que non veña enmerdallar. E os que ten o BNG son moitos, e débelos comparar cos do PPdeG e do PSdEG. Do que estamos a falar aquí e do fracaso de público de Sermóns Galiza.

9 Xurxo

Entón os que non teñen facebook mais si entran nos xornais dixitais a diario non contan para as empresas de publicidade?

8 xanela

Noraboa, pero digo eu. Se tan lidos son, ¿por qué a publicidade e case que inexistente a diferencia do que ocorre na Voz, no Faro, etc.? ¿Son parvos os anunciantes ou se quere facer parvos aos lectores?

1 eusi

Supoño que fas unha perfunta retórica, non si?