Os sindicatos alertan da "desaceleración" laboral en Galicia

Advirten de que o ritmo de creación de emprego é menor que no Estado e dunha "forte brecha de xénero"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2020 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

Os sindicatos maioritarios en Galicia --UGT, CC.OO. e CIG-- alertaron de que os datos da EPA de 2019, coñecidos este martes, reflicten a "desaceleración" da actividade económica, cunha caída do paro (de 2.300 persoas) na Comunidade "catro veces menos" que en 2018.

Nun comunicado, CC.OO. advirte de que o emprego crece en Galicia "moito menos" que no Estado, pois só supón "unha terceira parte" do ritmo de aumento español. Ademais, remarca que hai un crecemento do desemprego de longa duración "cada vez maior", pois hai 3.000 fogares máis que hai un ano nos que non entran ningún ingreso.

A isto únense problemáticas como "unha altísima rotación", pois cada asalariado temporal asinou 4,3 contratos de media. Por iso, Comisións Obreiras insta á Xunta a "exercer as súas competencias" en materia de emprego e política industrial para cambiar a tendencia "antes de que sexa demasiado tarde".

Pola súa banda, UGT urxe ao Goberno central a derrogar as reformas laborais ante a "alarmante" precariedade no emprego, cunha taxa de temporalidade do 25,9% (que chega ao 28% nas mulleres). Subliña que máis da metade dos traballadores a tempo parcial está nesta situación de forma involuntaria.

Así mesmo, a CIG avisa de que hai "un grave problema de creación de emprego e unha precarización brutal das condicións laborais" na Comunidade. Xunto a isto, o sindicato indica que "apenas houbo incremento da taxa de ocupación, que foi menor ao 1%", o que mostra "as enormes dificultades para crear emprego". 

Protesta de traballadores de auxiliares de Endesa
Protesta de traballadores de auxiliares de Endesa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta