O Novas ataca o "aberrante dunha lei que permite anos de cadea sen xuízo"

Un membro do Consello de Redacción deste xornal está entre os detidos pola Policía, que os acusa de tentar atentar durante as eleccións e de ter atacado xa dúas sedes do PP.

Por Galicia Confidencial | Santiago. | 18/09/2012 | Actualizada ás 08:10

Comparte esta noticia

Dos cinco detidos en Vigo a fin de semana por seren sospeitosos de prepararen atentados, catro van camiño da Audiencia Nacional e Madrid e un xa está en liberdade.

Ceivar, organismo de apoio aos presos independentistas, informa que M.R.G. está na rúa sen cargos. O colectivo denuncia que o linchamento a esta persoa, por "ter sido acusado policial e mediaticamente de terrorista". Ceivar organizou actos de protesta en Vigo, Santiago e Ourense, aos que acudiron centos de cidadáns.

Concentración en Compostela en solidariedade cos mozos acusados de pertencer a Resistencia Galega
Concentración en Compostela en solidariedade cos mozos acusados de pertencer a Resistencia Galega | Fonte: Ceivar.org

Versión da Delegación do Goberno

De M.R.G. era, segundo a Delegación do Goberno, o automóbil aparcado en Castrelos no que se atoparon os explosivos. O delegado do Goberno, Samuel Juárez, dixo hoxe que os catro detidos preparan unha campaña de atentados "importante" pois "as sustancias e os instrumentos para detonalos estaban mellor feitos".

O político conservador asegura que os detidos pensaban colocar bombas con motivo das eleccións. Tamén di que os artefactos incautados era similares a outros empregados polo que a Policía denomina Resistencia Galega. Segundo Juárez, os catro detidos están detrás dos artefactos reivindicados por independentistas nestes meses colocados en dúas sedes do PP (Meis e Ribadumia) e no Monte Sampaio de Vigo.

NÓS-UP critica á prensa

Unha opinión ben diferente expresa o partido NÓS-UP,  que denuncia "o tratamento (des)informativo da prática totalidade dos meios de comunicaçom, atribuindo militáncias, impondo qualificativos, e na prática condenando aos detidos de delitos, saltando-se a presunçom de inocência"-

Os nacionalistas argumentan que se trata dunha operación orquestada pois "frente à proximidade das eleiçons autonómicas e o incremento das luitas populares em curso contra a ofensiva burguesa, o Estado espanhol procura gerar permanentes cortinas de fumo e desviar a atençom das maiorias sociais, que facilitem a agressom permanente contra os direitos nacionais e sociais do povo galego".

Segundo membro do Consello de Redacción do Novas detido

Un dos detidos, segundo o Novas da Galiza, é Carlos Calvo Varela, membro do Consello de Redacción deste mensual en galego. O Novas denuncia "o aberrante dumha legislaçom que permite anos de cadeia para pessoas sem serem julgadas" e lembra que outro dos seus membros, Antom Santos, está na cadea dende decembro, acusado tamén de pertencer a Resistencia Galega.

A publicación asegura nun comunicado que os detidos son "vítima da excepcionalidade que o Estado reserva para quem se atreve a pôr em dúvida a sua orde constitucional".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

9 Nolim

Ilegalizar a ideologia, encerrar aos/às dissidentes , aproveitar o victimismo electoralmente, punir o direito a manifestar-se , concorrer às eleições como único ( falso) garante democrático, aldrajar o nome da Terra, e no (falso) nome da Terra citar a Castelão em verdadeiros atos de vergonha, olhar para o peto e para o projeto comum neo-liberal ( capitalista) ... a crise é nossa!! incapazes de criar/crer numa alternativa, desfragmentada a ideologia e ilegalizada, posta num banco de poder mediático, conducida à panplina das Cortes e Parlamentos o mais minifundista possível, para não ser ninguém eternamente... LIBERDADE INDEPENDENTISTAS

8 Para Baltar

http://es.wikipedia.org/wiki/Euskal... ... quem queira entender, que entenda.

7 Baltar

Concordo coa xente que defende a hipótese da montaxe. Non é a primeira vez que se inventan mochilas bomba, tampouco hai que dar crédito a todas as escoitas e gravacions que poidan apresentar como prova no xuizo. RG en realidade son as siglas de Realidade Galega, e as pintadas todas que hai por Vigo ou por aí diante fan-nas maderos disfrazados con sudaderas, que dispois deturpan os topónimos galegos dos sinais das estradas, pondo La Coruña ou Orense.

6 Spidercan

Para nada estou a favor da violencia. Pero dende o punto de vista da humanidade, contan coa minha solidariedade. Dito isto, punto final.

1 Hermerico

Muito bem, logo estás contra o braço armado do pu to estado espanhol. Nom esperava menos e ti.

5 Laracha

O certo e que eu conhecim ao Antom Santos pessoalmente e nom creio que seja certo rem do que o acusam. O Antom e umha pessoa inteligente e comprometida co seu Pais, a pouco converses com el daste conta que a violencia nom esta na sua forma de loita e que os que tratam de por etiquetas de violentos ou terroristas aos independentistas organizados ou estam errados ou mintem por propio beneficio.

1 OPedro

Eu nom penso que tenham nada contra Antom, nom sei se porque nom participa de estrategias violentas ou se participa, porque é mais inteligente do que os que o persiguen... por desgracia na luita, a inteligencia é só um factor e eles podem encadear-te, torturar-te,... sem necesidade de ningumha prova. O que sim sei é que Antom, igual que todos/as as/os suas companheiras/os é solidario com os/as detidas/os e/ou presos/as independentistas, com provas ou sem elas.