A USC e o Concello de Santiago buscarán "formar activistas climáticos" nos barrios da cidade

O proxecto educativo sobre o cambio do clima comezará en marzo en oito centros socioculturais da capital galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2020 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

O III edición da iniciativa 'Descarboniza, que non é pouco' que promoven o Concello compostelán e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), formará aos participantes como "activistas climáticos" para que contribúan á "adaptación" dos seus barrios e comunidades aos impactos do cambio climático que xa sufrimos.

Os máis novos protestan contra o cambio climático e piden ecoloxismo
Os máis novos protestan contra o cambio climático e piden ecoloxismo | Fonte: Miguel Núñez

O programa trata de implicar aos asistentes para "descarbonizar" os seus estilos de vida e contribuír á redución das emisións de gases de efecto invernadoiro mediante diversas sesións formativas. Terán lugar a partir de marzo en oito centros socioculturais da cidade e que se prolongarán ata os meses de maio e xuño.

Diso informou este martes a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, xunto co coordinador do programa e membro do Grupo de Investigación de Pedagoxía Social e Educación Ambiental da USC, Miguel Pardellas, quen indicou que o programa xa comezou nos centros de Santa Marta e inclúe por primeira vez os de Cardeal Quiroga e Pontepedriña. O investigador da USC sinalou a importancia de conseguir unha continuidade no proxecto non só para "concienciar e sensibilizar" á cidadanía, senón tamén para "poder seguir investigando sobre as estratexias e dispositivos educativos máis efectivos".

Pola súa banda, o técnico especialista en biodiversidade do Concello de Santiago, Ángel Pérez, destacou a "permeabilidade" da iniciativa que favorece "o intercambio de experiencias" entre persoas "de diferentes status e idades". Remarcou que a acción, financiada pola Fundación para a Biodiversidade do Ministerio de Transición Ecolóxica, non vai dirixida a "colectivos concretos" senón aqueles que "non están directamente afectados" as campañas convencionais como poden ser os escolares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 caxancran

Gilipolleces. Que queren ? xustificar os seus postos de traballo? Xustificar subvencions? Domesticar aos nenos? Parasitos Parasitos

1 Sentidiño

Caxancran quere un pin parental para a información seria sobre o cambio climático. E amosa a súa cultura cun atributo que proba o seu coñecemento profundo da nosa lingua ("Gilipolleces").