Os falecidos por COVID-19 elévanse a 347 en Galicia

Os usuarios de residencias mortos en centros e hospitais é de 141.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2020 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

Os falecidos por COVID-19 na comunidade galega elévanse a 347, (suma de falecidos en hospitais --incluídos usuarios de residencias de maiores-- e os que os usuarios que faleceron no propio centro), tras confirmarse nas últimas horas 21 novos casos rexistrados en hospitais e en residencias da terceira idade. Delas, segundo os datos facilitados polo Sergas, 274 producíronse nestes centros sanitarios, mentres que outras 73 déronse en residencias de maiores.

Este sábado confirmáronse 13 novos casos en hospitais. En concreto, trátase dun home de 97 anos no Hospital do Barbanza, outro de 84 anos no centro compostelán A Rosaleda e unha muller de 90 no Complexo Hospitalario de Santiago. Tamén faleceu unha muller duns 87 anos ingresada no Hospital de Valdeorras e dous homes, de 79 anos e 57 anos, no Complexo Hospitalario da Coruña.

O resto foron dous homes, de 84 e 97 anos, no Complexo Hospitalario ourensán; catro mulleres de 86, 82, 83 e 97 anos no Chuvi e outra de 94 anos ingresada en Povisa. Os trece presentaban patoloxías previas.

O cómputo de falecidos en hospitais sitúase, así, en 274 desde o inicio da pandemia en Galicia. Deles 78 producíronse na área sanitaria da Coruña, 58 na de Vigo, 54 en Ourense, 39 en Santiago, 16 en Ferrol, 18 en Lugo e 11 falecidos na de Pontevedra.

RESIDENCIAS

Doutra banda, o número de falecidos a causa do coronavirus en residencias da terceira idade ascendeu a 73 vítimas nestas instalacións desde o inicio da crise. Nas últimas horas déronse a coñecer oito casos novos: un na DomusVi Matogrande (A Coruña), outro en Caser A Zapateira (Culleredo), dúas en N. S. da Esperanza (Ourense), un na DomusVi Barreiro (Vigo), outro na de Moledo (Vigo), un na DomusVi de Cangas e un na residencia San Pedro de Crecente.

Do total de 347 falecidos pola pandemia, polo menos 141 son mortes vinculadas con centros residenciais. É dicir, se 73 faleceron nas propias residencias, outras 68 persoas usuarias destes centros fixérono en hospitais ou nas chamadas residencias integradas.

Personal de ambulancia con traxe de proteción contra o coronavirus / @miguelnuñez Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 /   © Miguel Núñez  Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 /   © Miguel Núñez
Personal de ambulancia con traxe de proteción contra o coronavirus / @miguelnuñez Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 / © Miguel Núñez Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 / © Miguel Núñez

A Xunta interviu, polo momento, tres residencias, a de DomusVi Barreiro, en Vigo, a DomusVi Aldán, en Cangas, a DomusVi San Lázaro, en Santiago e a residencia da Fonsagrada. Duas delas converteunas en residencias integradas, a de Vigo e Cangas, que se suma, a de Porta de Camiño en Santiago e a da Fundación San Rosendo en Baños de Molgas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta