Por Xurxo Salgado | Compostela | 26/11/2012 | Actualizada ás 19:15
Finais de 2002. A xestión da catástrofe do Prestige estaba sendo un desastre. Centos de milleiros de persoas sairan a rúa berrando Nunca Máis e a costa de toda Galicia seguía chea de chapapote. Galicia aínda no tiña medios para combatir o verquido e a política do Goberno central e da Xunta seguía sendo errática. Para atallar o que en Madrid xa consideraban un "caos en toda regra", deciden enviar a Galicia ao ex ministro Rodolfo Martín Villa como Comisionado para a catástrofe do Prestige. A súa función; tentar coordinar toda información e as actividades relacionados coa catástrofe.
Martín Villa chegaba á Coruña a principios de xaneiro de 2003 e situaba o seu centro de mando na Torre de Control Marítimo. Alí acode o ex presidente español, José María Aznar, unhas semanas máis tarde. O seu obxectivo; tentar acalar as numerosas críticas que lle chovían de todos os sectores económicos, políticos e sociais cunha chuvia de cartos. En total, 12.500 millóns de euros para paliar as consecuencias do desastre. Parte deses cartos irían destinados aos medios de comunicación.
Precisamente, nun informe ao que tivo acceso GC e que poden consultar na súa totalidade os usuarios de GC Plus, o Goberno central comeza a planificar a actividade do Comisionado en Galicia. Nunha das partes deste informe apuntanse as "actuacións de comunicación mediáticas" que debe realizar o Executivo de Aznar a través de Martín Villa. Entre estas "recomendacións" está a realización de informes quincenais para xornalistas.
"Informar" aos medios
Trátase de manter informado aos medios con temas varios sobre as actuacións do Goberno español no desastre; limpeza do litoral, limpeza dos verquidos no mar, recursos humanos ocupados nas tarefas, volume de pesca e marisco desembarcados e cifra de negocio en primira venta ou datos comparativos de ocupación hoteleira. "La difusión de los informes generará también la necesidad de aportar a las emisoras de radio y de televisión portavoces autorizados que puedan explicar, por medio de entrevistas, el contenido de los documentos facilitados".
Tamén se recomenda manter "rodas de prensa tras as reunións coa Xunta", co obxectivo de que se vexa que hai "coordinación" entre as distintas administracións logo dos problemas xurdidos entre a Xunta e o Goberno central e que acabarían coa demisión de Xosé Cuíña, precisamente, a comezos dese mes.
"Entrevistas" nos medios
Neste documento tamén se insiste na necesidade de que, cando menos, "una vez al mes, el Comisionado concederá una entrevista a un diario gallego", mentres que nos medios radiofónicos ou televisivos "se podrá programar una entrevista cada quincena". "El Comisionado del Gobierno sólo comparecerá en espacios de ámbito regional o nacional, nunca local, salvo que algún acontecimiento relevante lo exija".
Precisamente, esta presencia mediática servirá para "entrar en detalle de asuntos de su competencia que serán determinados en función de criterios temporales, geográficos y otros". Con todo, préstase atención na cobertura das edicións locais de La Voz de Galicia para que o Comisionado "nutra de contenidos a las emisoras locales y a las ediciones comarcales" do xornal coruñés. "En este último caso, procurarán siempre aportar documentación escrita y, si recurren al género de la entrevista, tratarán de supervisar la transcripción de sus declaraciones", recolle o informe.
Tal e como xa publicou GC, o goberno de Aznar prestaba especial atención en Galicia a La Voz, influenciado, en parte, polas recomendacións da Xunta.
No documento, tamén se fai especial fincapé na disposición que ten o Goberno central para que os xornalistas se poidan embarcar en medios aéreos ou marítimos. "En los contactos habituales con los periodistas se les recordará esta posibilidad", sinala.
A "información patrocinada"
Con todo, as recomendacións máis importantes son as referidas á "información non programada" e á "información patrocinada". Así, na primeira, o Comisionado aportará información "digna de crédito, clara, oportuna y positiva" a determinados medios, mentres que a segunda está, sobre todo, reservada a La Voz de Galicia e Faro de Vigo.
Deste xeito, o Goberno central "podrá patrocinar --mejor sin que conste expresamente el mecenazgo--", as seccións de "verano" de La Voz de Galicia e Faro de Vigo para "afianzar las relaciones con los medios citados, promover la afluencia de visitantes galelgos al litoral afectado y propiciar un clima social positivo entre los hosteleros". GC informará específicamente sobre este patrocinio en vindeiras entregas.
Pero este trato, aínda que sen pagalo, tamén se fai estensivo aos medios públicos de televisión e radio para que "incluyan en su programación contenidos semejantes, debidamente adpatados a las singularidades del medio".
Como afrontar o futuro?
Con estas iniciativas, o Goberno de Aznar pretendía mudar a comunicación que, ata o momento, se estaba publicando nos medios. E é que, segundo recoñece o propio informe, "en los medios nacionales ha arraigado uno imagen estereotipada del naufragio del Prestige. A pesar de los progresos evidentes en la solución del problema, tienden a presentar las informaciones impregnadas por la carga negativa generada en las primeras semanas de la crisis".
Tal e como xa se apuntaba noutro informe anterior publicado por GC, a invasión de Irak por parte de EE.UU., retirou das portadas dos xornais a catástrofe. Con todo, no Goberno son conscientes de que esta é unha "desaparición circunstancial" xa que os estudios sobre o pecio e a batalla xudicial reactualizarán o caso "sobre o que volverán a pesar as connotacións negativas".
Por iso, insistese en organizar, en tandas distintas para prensa, radio e televisión, visitas dos medios "nacionales" ao litoral para realizar un balance "de los avances conseguidos". "Con las debidas reservas por lo incierto de la evolución de los acontecimientos, en principio el mes de mayo podría resultar adecuado para llevar adelante esta iniciativa", sinala o documento.
"Sobrecobertura local"
O mesmo texto destaca que nos medios locais, en referencia aos medios galegos, se produce unha "sobreexplotación" de información do Prestige. "Puesto que el espacio disponible para información local es mucho y los acontecimientos noticiosos no son tantos como para nutrir de contenidos esas páginas y esas horas de emisión, los medios de comunicación están convirtiendo en noticia hechos poco relevantes", apunta.
O informe vai máis alá ao dubidar da "profesionalidade" dos xornalistas que cubren os feitos para estes medios. "La presencia excesiva se ve agravada por la baja cualificación profesional o inexperiencia de los informadores" apunta, xa que "habitualmente, la información local de pequeñas poblaciones como Corcubión, Muxía o Carnota es encomendada a redactores noveles,e incluso a colaboradores no profesionales del periodismo, que a menudo cometen errores en la valoración de los hechos, confunden conceptos e infieren un daño gratuíto".
Sen embargo, o informe do Goberno central non ten en conta que a maior parte da información dos medios galegos que se fixeron durante esas semanas estivo en mans de equipos de profesionais seleccionados polas propias direccións dos medios pola importancia e a magnitude da catástrofe para Galicia, e non, precisamente, por bolseiros.
Con todo, o Goberno central, aposta por "abrir una línea de producción de contenidos concebidos para su publicación en páginas locales, de modo que, mientras no disminuya el seguimiento también en esas secciones --como ya ocurre en el cuerpo general de los diarios--, al menos podamos conducir la cobertura en positivo".
Os medios galegos
A continuación, o informe refirese aos medios de Galicia e sinala que, "el medio de referencia en Galicia es La Voz de Galicia" que "marca las pautas de la actualidad tanto para la prensa como para las emisoras de radio y los canales de televisión". "Ese papel se acrecienta especialmente en toda la franja litoral de las provincias de A Coruña y de Lugo, mientras que en la costa pontevedresa alcanza mayor influencia Faro de vigo, aunque el primer periódico mantiene su presencia", engade.
Con todo, o documento é crítico coa información do xornal coruñés, xa que as súas catorce edicións "propician un fenómeno de sobrecobertura informativa que a menudo tiene como efecto convertir en noticia hechos banales, o prolongar en el tiempo el seguimiento de los sucesos relacionados con el accidente del Prestige".
Tamén se refire a importancia que entón tiñan as emisoras radiofónicas locales e as televisión locais, "especialmente la cadena Localia". Por iso, recomendase "recurrir" a estes medios pero "cuidando de no caer en excesos y evitando, salvo excepciones, comparecencias del Comisionado del Gobierno".
Nos próximos informes daremos conta de como ve o Goberno de Aznar aos distintos medios galegos, así como da descripción que se fai dos principais directores e xornalistas do momento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.