Sánchez e Martinón controlarán a comunicación da Xunta

Alfonso Cabaleiro cesa como Secretario Xeral de Medios, papel que ocupará Sánchez Sierra. Martinón asumirá as tarefas que, ata agora, tiña esta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/02/2013 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

Alfonso Cabaleiro, o home de comunicación do último goberno de Fraga e o da primeira lexislatura de Feijóo cesa como Secretario Xeral de Medios. Atrás deixa unha longa xestión ao fronte da dirección de todo o organigrama de comunicación da Xunta e moitas negociacións cos directores dos medios de Galicia para solventar o sempre tenso reparto de subvencións.

Mar Sánchez Sierra
Mar Sánchez Sierra | Fonte: xornalistas.com

O seu adeus á Secretaría Xeral non colleu por sorpresa ao mundo xornalísitico. Desde fai algúns meses a súa capacidade de negociación e de control do seu propio departamento eran limitados, sobre todo, polas decisións que tomaba, desde a Secretaría Xeral de Comunicación, Mar Sánchez Sierra, que ágora será a súa substituta no cargo.

Competencias

Precisamente, Sierra, secretaria de comunicación da Executiva do PP e muller de confianza de Feijóo desde a súa etapa de presidente de Correos, asumirá as tarefas que, ata agora tiña o propio Cabaleiro, é dicir, á Secretaría xeral de Medios. O seu posto será ocupado por Lucas Martinón, un xornalista mozo que se incorporou a traballar para os populares, xunto con Luis de la Matta --actual xefe de prensa do PPdeG--,  cando Feijóo asumiu o liderato do partido en Galicia e, que desde entón, é a súa man dereita.

Nos últimos tempos, e segundo fontes da Xunta, a relación entre Martinón e Sánchez Sierra viña sendo tirante, precisamente, pola similitude de funcións entre ambos os dous. Sánchez Sierra, directora xeral de Comunicación, dependía directamente de Cabaleiro, pero a súa función era ambigüa no organigrama da Xunta, xa que se encargaba de xestionar toda a comunicación do presidente. Pola súa banda, Martinón exercía como xefe de comunicación do propio presidente. As súas funcións, moitas veces chocaban.

Cabaleiro, secretario xeral de Medios da Xunta. FOTO:IMIT
Cabaleiro, secretario xeral de Medios da Xunta. FOTO:IMIT

En todo caso, outras fontes da Xunta suliñan que a relación é moi boa e que non existe "ningunha tensión" entre os dous, senón todo o contrario. Outros dirixentes populares apuntan a posibilidade de que Mar Sánchez Sierra poida rematar esta lexislatura en Madrid.

Funcións similares

Segunda estas fontes, a pesares de que Sánchez Sierra foi siempre a referencia de comunicación do presidente galego, na última lexislatura, Martinón foi asumindo ese rol xa que era quen acompaña ao presidente, xunto con outra eficaz profesional, aos numerosos actos que ten no día. "Alberto confía moito en Lucas. Sigue moitos dos seus consellos e está informado de quen é quen nos medios galegos grazas a el", suliña un dirixente popular consultado. "Non é que agora deixe de confiar en Mar, con quen ten xa unha fonda amistade. O que pasa é que coa súa experiencia, está lista para asumir outras funcións directivas no organigrama da Xunta", asegura.

Por iso, Feijóo, para evitar suspicacias e organizar o seu departamento de comunicación decidiu ascender a Sánchez Sierra ao máximo escalafón de Comunicación da Xunta para que se encargue da relación cos medios. Por outra banda, sitúa a Lucas como o engargado, de facto, da comunicación do presidente, dándolle o rango que se merece.

Damnificado

O damnificado nesta remodelación é Cabaleiro que, durante estes anos tivo que lidiar e aguantar as broncas de moitos directores dos medios pola falta das axudas institucionais. Unha posición que tamén mantivo con Fraga, a quen lle tivo que aguantar sonoras broncas, como a acontecida na gravación dunha mensaxe de fin de ano, por tentar facer o seu traballo. 

Alfonso Cabaleiro ten praza na TVG. De feito, volveu a ela logo da victoria do bipartito e estivo ás ordes de Suso Iglesias, entón, director da TVG. Segundo as fontes consultadas, pode recalar nalgún posto directivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Andrés López

Cal destes dous fenómenos foi o que lle organizou o discurso na casa museo de Rosalía a Feijóo? Galicia va bien...

3 Heriberto

¿Por qué no se da el nombre de ese dirigente popular consultado? Porque no existe. Es pura invención del periodista que lo escribe.

1 Margarita

Pero ¿cuales nombres; los que hablan bien, las que hablan mal o los que informan sobre Cabaleiro?. A mi lo que me parece es que está escrito muy a favor de estos dos aspirantes a generales. ¿Por qué no cuentan lo del mobbing a Alfonso desde hace tiempo?

2 Javier

POis noraboa aos dous. Tan mal non o deberon facer vistos os recentes resultados electorais.

1 El editor coruñés

Así que son estos dos muchachos quienes se van a encargar de mi cocido, ¿no es así, presi? Por cierto, ¿qué más hay de lo mío?