O BNG pide "desfacerse" da Monarquía, o PSdeG di que existe o estado de dereito e GeC que sexa xulgado

Nestor Rego e Olalla Rodil son moi duros nas súas críticas á monarquía española.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2020 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

O anuncio da casa real española de que o rei emérito Xoán Carlos I de Borbón abandonaba o Estado logo das filtracións da suposta trama de corrupción do AVE á Meca veñen de desatar unha tormenta de reaccións políticas na que unhas e outras formacións se ven obrigadas a significarse.

O rei emérito
O rei emérito

No entorno da esquerda -á parte dos parabéns do Goberno ó monarca por "fortalecer" a Monarquía- as reaccións son contundentes. Mentres que no BNG piden a fin da monarquía, no entorno de Galicia en Común e as mareas as respostas ó 'exilio' aproveitan o acontecemento para pedir a conformación dunha fórmula de goberno republicana.

PSdeG

Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, considerou que o estado de dereito "ten que aplicarse a todos" os cidadáns deste país e lembrou, neste sentido, que xa "funcionou" cando Iñaki Urdangarín, esposo da que era infanta Cristina, foi condenado a prisión por delitos de corrupción.

A preguntas dos medios, o líder socialista reflexionou sobre a monarquía que, como fórmula de goberno ten un "compoñente anacrónico" nos tempos actuais, pero como monarquía parlamentaria ou "limitada" ten unha "funcionalidade" en moitos países do mundo. Dito isto, indicou que "o máis relevante agora é que o estado de dereito agora se aplica sempre para todos e para todas".

"A democracia española e o estado de dereito funcionou cando fixo que un esposo dunha infanta tivese que ir ao cárcere. E, por tanto, agora temos que, mantendo a presunción de inocencia, o estado de dereito aplíquese a lei con igualdade a todos os cidadáns e se a Fiscalía ten que tomar medidas, que as tome con toda a dilixencia", expresou, en declaracións aos medios.

BNG

Baixo o hashtag "GaliciaNonTenRei", cargos da formación como Néstor Rego ou Olalla Rodil manifestaron o seu rexeitamento a unha institución "medieval, antidemocrática" e "herdeira da xefatura do estado por decisión dun fascista". De xeito paralelo, e baixo o mesmo hashtag, instaron á celebración dunha 'cacerolada' contra a familia real e a institución monárquica.

GALICIA EN COMÚN

Por parte de Galicia en Común a resposta á "fuxida" de Xoán Carlos I tomou unha dimensión máis institucional. A través dun comunicado compartido por Antón Gómez-Reino, subliñaron a necesidade de que o monarca, "investigado por sete presuntos e graves delitos de corrupción" responda ante a Xustiza e que "o pobo decida". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

2 nostrus

A monarquia é tan democrática como a república si é aceptada polo pobo, pero funciona mellor porque acada maior consenso por non estar apadriñada directamente por ningunha opcion política. Dicir que un rei non se pode quitar é unha afirmacion falsa e demóstrase no feito de que os republicanos queren abolila. Un rey é un contrato indefinido (hasta que o pobo queira) e un presidente é un contrato temporal (normalmente catro anos). Un presidente pode ser tan corrupto como un rei e viceversa e unha república tan totalitaria como unha monarquia. A Alemania de Hitler era unha república e a Italia de Mussolini unha monarquia.

1 Casimiro

Nostrus, que portento de sabiduría! Se o teu modelo, o Partido Fascista de Benito Mussolini conta coa complicidade do rei para chegar ao poder en 1922, como era o de apadriñar opción política? Vai ser que os Borbóns son de ERC ou de Podemos! Vai ser que non contan con empresarios amigos cos que comparten negocios escuros, propaganda en medios públicos aduladores e en privados subvencionados, que non hai censura sobre a mafia da Casa Real, que a xustiza é igual para todos (somos inviolables), que cando os cataláns escapan son fuxidos e os Borbóns vanse de vacacións...

2 Amancio

Nostrus non das unha. A monarquía parlamentar non foi nunca aprobada polo pobo galego ou español.

1 Ana

Pois eu pido abrir un proceso constituinte que nos leve a unha republica federal iberica, pero con separacion de poderes, con control do poder (para evitar a corrupcion e o totalitarismo). Que a poboacion deixe de votar listas de partidos e escolla ao seu diputado de distrito e teña a posibilidade de revocalo en caso de incumplir. E con unha participacion da cidadania na toma de decisions. Os politicos propoñen leis e os cidadans deciden mediante referendum. En definitiva o mellor do modelo de USA e o de Suiza. E isto debe ir unido a saida do euro (so beneficia a Alemaña) e unha auditoria da debeda publica e renegociar o seu pago. Por suposto acabar co despilfarro publico e industrializar o pais, crear unha banca publica e unha tarifa electrica galega.

1 nostrus

Ana, si pedimos un referendum para avalar la monarquia tambien hay que pedir otro para ver si el idioma gallego debe ser oficial o no y si queremos las autonomias, porque todos estos conceptos van en un mismo paquete llamado Constitucion que fue aprobado por el pueblo español en el 78. Antes del 78 ni habia oficialidad del gallego ni habia autonomias.

2 Casimiro

Ridículo presumir de ignorancia, que é idioma oficial para Nostrus que tanto repite consignas? Acaso non hai vida intelixente nin historia anterior a 1978? Pateta, xa no 1228 o rei Afonso VIII de León e Galiza redacta documentos en galego! Suman 700 anos en liberdade e 500 baixo o xugo español! Logo, nunca houbo Reino de Galiza, Xuntas de1528 até 1834, recoñecemento internacional de Galiza como nación pola Sociedade de Nacións (Berna, 1933), Estatuto de 1936... Vai ser que a historia anterior foi borrada por Franco, como pretendedes os fascistas! Ponlle vaselina aos Puigmoltó como Borbóns bastardos que saberán recompensarte!