As choivas superaron os 30 litros por metro cadrado en Melide e Vimianzo

Foron intensas no interior de Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2020 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

As precipitacións que este domingo mantiveron a parte da Comunidade galega en aviso amarelo superaron os 30 litros por metro cadrado nas localidades coruñesas de Melide e Vimiazo.

Os 35,3 litros por metro cadrado recolleitos en Melide marcaron o máximo dun domingo de chuvascos intensos en parte da xeografía galega, segundo os datos de Meteogalicia.

Vimianzo foi outro dos puntos con máis choivas ao captarse na estación da Gándara 32,9 litros por metro cadrado.

Ademais da Coruña, as precipitacións tamén se deixaron notar en Ourense, onde en localidades como Viana do Bolo, Leiro ou Xinzo recolléronse entre 27 e 29 litros por metro cadrado.

Choiva en Galicia
Choiva en Galicia | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta