O alcalde de Portomarín comprométese a abonar o transporte de seis alumnos a Lugo se comparte o gasto a Deputación

Os pais protestan porque non dispoñen dun transporte axustado aos horarios do IES.

Por E.P. | Lugo | 24/09/2020 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

O alcalde de Portomarín, Juan Serrano (PP), comprometeuse a abonar o transporte de seis alumnos de bacharelato que se teñen que trasladar a Lugo --ao IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes-- a condición de que tamén comparta este gasto a Deputación de Lugo.

Aula nun centro con cartel sobre a COVID-19
Aula nun centro con cartel sobre a COVID-19 | Fonte: Europa Press.

O rexedor retou ao goberno provincial a que "cre unha liña de axudas ao transporte para estes pais" e afirmou que "o mesmo que poña a Deputación, pono o concello".

Os alumnos afectados teñen as clases pola tarde, de luns a venres, e os seus pais protestan porque non dispoñen dun transporte a Lugo axustado aos horarios do IES, que van desde as 15,30 ata as 21,20 horas.

No entanto, Juan Serrano restou gravidade á cuestión e apelou a que "a situación non é tan dramática", lembrando que se trata de estudantes que "están fóra do ensino obrigatorio".

"Un taxi custa 27 euros a Portomarín, supoño que se dis que vas todos os días no canto de 27 euros, poden ser 25 e, se dividimos entre seis alumnos, sairía entre catro ou cinco euros e dous xa o pagan no autobús", dixo. "Se a Deputación pon algo, o concello tamén e arranxamos o problema destes pais", subscribiu.

Doutra banda, e ante a adxudicación de 13 "apartamentos tutelados" para maiores que este venres aprobará a Deputación de Lugo en xunta de goberno, Serrano afeou que este é "un proxecto que pasou por tres presidentes da Deputación" (Gómez Besteiro, Darío Campos e José Tomé).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta