O sindicato Satse estuda denunciar por intrusismo a realización de test covid en farmacias de Ourense

O test covid, apunta o sindicato, "non é unha cuestión que poida realizarse de maneira caprichosa e voluntaria por ninguén".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2020 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

O sindicato de enfermaría Satse decidiu preparar unha demanda por presunto intrusismo profesional contra unha traballadora dunha farmacia privada de Barbadás (Ourense) pola realización da proba diagnóstica de covid-19 a un cidadán, que foi emitida en directo na televisión o pasado 17 de outubro.

Satse considera que con esta retransmisión "quedou acreditado publicamente" este feito e lembra que a realización deste tipo de test é "unha proba diagnóstica" que require "a previa valoración clínica e prescrición médica da mesma", así como ser executada por "persoal autorizado e cualificado", como enfermeiros e médicos.

O test covid, apunta o sindicato, "non é unha cuestión que poida realizarse de maneira caprichosa e voluntaria por ninguén", como "se de algo irrelevante e sen transcendencia sanitaria e social se tratase", destaca, se non que "require a participación directa do persoal médico e da enfermeira ou enfermeiro".

Por iso, cren que este proxecto lanzado pola Xunta para que se realice en farmacias dalgunhas localidades ourensás é "unha temeridade". "Máxime cando se pretende, ademais, que o resultado que interprete do test un traballador da farmacia privada sexa tratado sen as necesarias medidas de seguridade e garantía á sanidade pública por indicación do mesmo", recolle o sindicato.

Proba PCR..
Proba PCR..

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta