ERC presenta unha lei para despenalizar a queima de bandeiras de España e as inxurias ao Rei

Rexistraron a iniciativa en agosto tras coñecerse que Fiscalía investigaba a líderes, entre eles Pontón, polas súas críticas á Coroa

Por Europa Press / Redacción | Barcelona | 25/10/2020 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

Esquerra Republicana (ERC) leva o martes ao Pleno do Congreso unha proposición de lei para derrogar os artigos do Código Penal que contemplan penas de prisión polo delito de inxurias á Coroa e de ultraxes a España, como a queima de bandeiras.

ERC rexistrou esta iniciativa o pasado mes de agosto tras coñecerse que a Fiscalía da Audiencia Nacional estaba a examinar unha denuncia contra o vicepresidente da Generalitat de Cataluña, Pere Aragonès, de ERC; a líder de Adiante Andalucía, Teresa Rodríguez; e a presidenta do BNG, Ana Pontón, por posibles inxurias á Coroa tras os seus respectivos comentarios ao coñecerse a marcha de España do Rei emérito. A denuncia arquivouse.

E tamén unhas semanas antes, en xullo, o Goberno comunicara ao Consello de Dereitos Humanos da ONU a súa intención de "levar a cabo unha revisión dos delitos de inxurias á Coroa", e tamén dos delitos contra os sentimentos relixiosos recollidos no Código Penal, ambas as recomendacións xurdidas do exame periódico universal (EPU).

Agora os independentistas cataláns decidiron levar esta iniciativa ao Pleno para forzar ao PSOE a pronunciarse sobre a urxencia desta reforma, que tamén defende Unidas Podemos. A Cámara terá que decidir se adianta a reforma utilizando o texto dos de Gabriel Rufián.

O Grupo Parlamentario ERC-EH Bildu xa rexistrou o pasado mes de marzo no Senado esta mesma iniciativa no medio da polémica que rodeaba á Casa Real polas presuntas irregularidades cometidas polo Rei emérito Juan Carlos I, investigación que asumiu a Fiscalía do Supremo o pasado mes de xuño, e que agora rexurdiu tras a decisión deste de trasladar a súa residencia fóra de España.

Queiman unha foto do rei e monarca de España, Felipe VI
Queiman unha foto do rei e monarca de España, Felipe VI

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Vivimos nun pais moi RARO. Cando a che tocan as narices podes cambiar as leis que non che gustan a demanda (?) Claro que para iso cómpre ser Deputado / Senador os demáis tócanos achantar e pagar as multas (especialmente baixo Estado de Alarma de 6 meses!) Pero mentras a Audiencia Nacional está a piques de condear aos rapaces da Operación Jaro, outros teñen pasta gansa para chegar a reclamar por varias veces a inscrición da Iglesia Pastafari (Iglesia do Espagueti) http://www.poderjudicial.es/cgpj/es... Mentas tanto imos falar de si queimar ou deixar de queimar bandeiras / fotos é ou non é constitutivo de Delito (?) Claro que mentras tanto ninguén fala de se é ou non é DELITO declarar o Estado de Alarma POR SEIS MESES País de Ananos !!!