Por E.P. | A CORUÑA | 20/01/2021 | Actualizada ás 20:43
O vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Turismo, Xosé Regueira, apelou, nunha reunión con representantes de entes de xestión turístio, a necesidade de fomentar novos destinos e crear produtos turísticos complementarios ao Xacobeo.
Nela, segundo informa o organismo provincial, apuntou á necesidade de aproveitar os recursos e apostar pola rendibilidade "nun momento en que é urxente traballar pola recuperación dun sector especialmente afectado pola crise do coronavirus".
Na reunión, avaliáronse tamén os resultados da anterior convocatoria e avanzouse nas novas liñas de traballo para este ano ao amparo da nova convocatoria de axudas que está aberta para presentar proxectos ata o próximo 5 de febreiro.
"Os entes de xestión van ser pezas clave á hora de traballar pola recuperación do sector e axustar as programacións ás esixencias deste momento, tanto aos requisitos sanitarios cambiantes da evolución da pandemia como á conmemoración do Xacobeo que está a provocar expectativas que esperemos se poidan cumprir", explicou Xosé Regueira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.