Depurar responsabilidades

Podemos entrar desaforadamente na denuncia de tódalas deficiencias que poida ter a rede ferroviaria no lugar da catástrofe, que si ASFA ou ERTMS, curvas ou non. Denunciar as carencias, contradiccións e deficiencias é un deber indelegable que non exclúe a ninguén; o irresponsable é calar.

Por Xoán Vázquez | New Yersey, USA | 30/07/2013

Comparte esta noticia
Pero debemos andar con coidado, non lle faltemos ao respecto á memoria dos falecidos, aos feridos e ás súas familias e amizades, a todos aqueles que lle tiveron e lle teñen cariño que quedaron para sempre marcados pola dor e afogadas nas súas propias bágoas.  E para min é una falta de respecto, notable, chamarlle accidente a un sinistro onde se dá a circunstancia demostrada de que un maquinista que coñecía perfectamente o lugar se chuleaba cunha velocidade que era case dúas veces e medio a permitida. Iso non é un accidente. Iso é neglixencia criminal. Chamarlle doutra maneira é enterrar a cabeza na área a agarda da próxima traxedia. Ningunha falla do carril, do tren, dos sistemas de seguridade  pode enmascarar esa irresponsabilidade. Ir a 190 onde marcaba 80, de ningunha maneira, en ningún lugar do mundo se lle pode chamar accidente. Esa forma de pensar, esa maneira de entender a responsabilidade, a ética e a moral é una afronta aos damnificados. Os caídos, feridos, e a súas familias merecen moito máis. 
 
No renunciemos á capacidade de ver pensar e discernir, non nos transformemos nunha sociedade bovina ou acéfala,  non ignoremos o máis evidente: a chulería e prepotencia só pode ter un desenlace, a catástrofe. É absolutamente necesario asumir as responsabilidades que nos correspondan, é absolutamente necesario fuxir desa manía de buscar responsables o máis lonxe posible da parta da nosa casa. E, si, asómbrame que a día de hoxe aínda quede un milímetro de carril onde un tren poida estar á mercé dun suicida ou dun tolo. E a responsabilidade de que aínda haxan tramos vulnerables á chulería e prepotencia dun maquinista aloucado recae absolutamente sobre a Administración Pública, e tamén aí hai que depurar responsabilidades. A Administración Pública é responsable de nos garantir aos cidadáns a seguridade á que temos dereito; pero onde di 80 quilómetros hora, di 80 quilómetros hora e non outra cousa, e quen así non o entenda ten que ser fulminantemente despedido antes de que corra o sangue, a bágoas, a catástrofe. O centro neurálxico do benestar é a prevención. E a prevención é una bifurcación entre o aspecto técnico e o humano e ningún dos dous pode ser escusado cando falla. Fuxir desa realidade é un comezar a labrar a próxima catástrofe, e é un alimentar a cultura do irresponsable. 
 
Pouco sei dos sistemas de seguridade ASFA ou ERTMS, sei que os cidadáns temos o dereito a reclamar a máxima seguridade posible, mesmo, e onde a tecnoloxía o permita, estar a proba do erro humano, e tamén da prepotencia e da chulería. Un maquinista que racha os límites da velocidade non se multa, expulsase, e expulsase sen a máis mínima posibilidade de que volva por os pés nun tren. Mais iso en España é imposible. En España tódalas solucións máis fáciles son imposibles. Non teño coñecemento de ningún outro país avanzado onde sexa tan difícil, case imposible, darlle correcto uso a vasoira. E mentres sexa así…  No Servizo Público, en calquera función, para o posto que ocupe un prepotente chulo irresponsable hai miles de cidadáns serios e cualificados dispostos a entregarse con dilixencia a servir á cidadanía. A solución é a vasoira. Algo tan simple, en España, inalcanzable. Uns poucos, un número case insignificante estanos acabando co país. Moi poucos accidentes son accidentes e case ningunha das coincidencias é tal cousa. Coido que nos quedan moitas bágoas por derramar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA