O BNG critica ao alcalde e a Xunta por non activar a "axuda necesaria" na Residencia San Carlos de Celanova

Lembra que pediu en outubro e volveu pedir en febreiro que se fixesen públicos os máis de trinta expedientes que a inspección abriu nas residencias de maiores do país.

Por Galicia Confidencial | Celanova | 14/02/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O BNG de Celanova critica duramente ao rexedor, o indepedente Antonio Puga, por non activar a "axuda necesaria" para a residencia San Carlos desta localidade, unha das primeiras en ter un gran foco de covid na primeira onda e onde o nivel de contaxios superou o 80% entre as residentes e o virus chegou a afectar a 65 persoas entre usuarias e traballadoras, falecendo oficialmente nove anciáns. Neste centro aínda hoxe, hai graves deficiencias tal e como publicou o Galicia Confidencial e pode sufrir unha segunda sanción.

"Malia coñecer a situación do centro e ter un acordo político unánime na corporación municipal, o alcalde negouse a activar a axuda necesaria e traballou para obstaculizar a iniciativa do BNG desde novembro pasado até xaneiro, cando finalmente votou en contra do seu propio acordo", denuncian os nacionalistas nun comuniado.

Así, critica que o alcalde descargue a responsabilidade sobre os centros e os "abandone a súa sorte sen acompañar o necesario labor de control co imprescindíbel apoio para reforzar o persoal". "O abandono de responsabilidades tamén é a actitude do alcalde, que no último pleno volveuse negar a asumir o rol que como representante público lle corresponde no Padroado, descargando unha vez máis nos patróns as culpas de non ter asumido el o cargo", indica.

Un operario con traxe de desinfeccion na Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense -foco principal de contaxios da Covid
Un operario con traxe de desinfeccion na Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense -foco principal de contaxios da Covid | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo

O BNG lembra que,  a través da viceportavoz no Parlamento Olalla Rodil, pediu en outubro e volveu pedir en febreiro que se fixesen públicos os máis de trinta expedientes que a inspección abriu nas residencias de maiores do país. Ademais, demandou desde o principio da crise da covid a intervención das residencias, empezando pola San Carlos de Celanova.

"A Xunta de Galiza non só se negou e nunca interveu o centro, senón que tampouco reforzou o persoal malia que coñecía as deficiencias, sinaladamente, a carencia dun servizo de enfermaría 24 horas, que segue sen haber", critica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta