Apertura de expediente no BNG por apoiar a Israel

Comentannos que o Consello Comarcal do BNG de Vigo deu un prazo de 15 días ao militante Pedro Gómez-Valadés para renunciar á Presidencia da recentemente creada Asociación Galega de Amizade con Israel...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/02/2007 | Actualizada ás 23:49

Comparte esta noticia

 A situación remóntase a hai uns meses, cando un militante desa comarca pasou a presidir a recentemente creada Asociación Galega de Amizade con Israel, da que se fixo eco o seu confidencial. A asociación naceu para dar a coñecer a situación do conflicto árabe israelí dende a perspectiva de Israel, así como traballar contra a banalización da Shoá e outras actividades de carácter cultural.

Logo diso, comenzou a circular pola CIG de Vigo o rumor de que o citado militante, no fondo, facía todo isto porque estaba a soldo do Mossad. Lembro que, cando tal cousa oín, índa me botei unhas risas a conta da imaxinación que teñen algúns. Pero a cousa non quedou ahí.

Na Executiva Comarcal incluíuse un punto para tratar a "grave situación" que supuña a súa discordancia coa postura maioritaria no so do Bloque. Posteriormente, na Asamblea Local exixiron medidas contundentes contra ese militante, por terse atrevido a pensar distinto. O seguinte paso neste proceso foi tramita-lo asunto ante o Consello Local, que dada a magnitude da herexía decidiu remitírllelo, a súa vez, ó Consello Comarcal. Este último, cos votos da UPG, decidiu abrille un expediente, suspendelo de militancia e expulsar ó militante, se ben, nun alarde de democracia interna, doulle un prazo de quince días para abandoa-la asociación e volver ante o Consello Comarcal para implorar perdón pola súa conducta desviada. Nese prazo estamos agora.

Cando o citado militante asumiu a presidencia non o fixo como representante do Bloque Nacionalista Galego, senón a título persoal, coma parte da súa vida privada. De feito, o BNG nin sequera respondeu á invitación formal que se lle fixo dende a asociación para estar presente no seu acto de constitución, cousa que sí fixeron as demáis forzas políticas convidadas. É pois, absurdo, alegar, coma se está facendo, que a sua pertenza a título individual a esa organización é unha agresión ó BNG, ou a non menos absurda idea de que pode levar a confusión acerca da postura mairotiraria no seo da fronte. Anque tódolos militantes menos un pensasen deste xeito, a ese un haille que respeta-lo seu dereito á liberdade de expersión. Se confundimos a democracia coa ditadura da maioría podemos acabar xustificando o inxustificable. O BNG, no canto de ser respetuoso coa pluralidade interna da fronte, o que está a facer é deixar ben ás claras que, á hora da verdade, non é máis que a correa de transmisión da Unión do Pobo Galego". Máis información aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 49 comentarios

44 euroliberal

Israel é um estado racista, apartheidesco, fundamentalista e terrorista. Só 40% dos residentes de jure, os que têm a religião judaica é que podem votar e ter a nacionalidade. os outros sõ guettizados, expulsos ou massacrados. Há 10.000 presos políticos em Israel (quase um recorde mundial, depois do Iraque) e centenas de membros da oposição ao rtegime de apartheid são sumariamente executados todos os anos pelos nazi-sionistas das SS Tsahal...

O Bloco Galego subiu na minha consideração ao processar esse energúmeno nazi-sionista !

Boicote total a Israel !
Palestina LIVRE !

43 forever young

Un principio básico plasmado nos estatutos do BNG é o ANTIIMPERIALISMO.

Os militantes do BNG aprobamos estes estatutos asamblea tras asamblea e nos obrigan a todos.

Esta persoa ten que aclarar as súas ideas e ser minimamente coherente. Non podes ser antiimperialista e apoiar o estado terrorista e instrumento do imperio USA que é Israel. É imposible.

Quizáis no PSOE ou no PP atoparíase máis agusto: adoitan proclamarse unha cousa e a contraria ao mesmo tempo e sobran os exemplos.

A min paréceme ben que se vaia (ou que se expulse) e aos que pensan coma el tamén.

Palestina vencera!

42 lili

"Ser do BNG tamén supon compartir unha visión do mundo, en puntos básicos. Que non a comparta que se vaia!". Xoan nos ha descubierto que el BNG tiene una visión del mundo. Y que si eres militante hay que compartirla. Ese mundo debe ser muy estrecho. Y ellos unos identiKarios

41 fusquenlla

E por qué non expulsan o Alcalde de As Pontes que ten sentenzas xudiciais de vulneración de dereitos sindicais?

40 Parte débil?

O presidente da AGAI, onde eu non estou pero coa que sí que simpatizo, falou de que verquer toda a crítica sobre Israel deixando irse de rositas ó bando árabe acabara por dexenerar nun victimismo que os escudaba de asumi-la súa parte no conflicto, que non é pequena. E con iso eu concordo plenamente.

O de "victimismo", descontextualizado, foi algo que puxo o periodista de EL PAIS cando cubriu o acto constituínte da asociación.

Con respecto á guerra do Líbano deste verán, ahí sí que poderíamos abrir outro foro só para tratar o qué pasou cando Israel foi ATACADO.

No de que uns teñen tanques e outros teñen pedras non sei nin como non se lle cae a cara de vergoña. E os cohetes kasan, e a guerrilla de Hamas e Hezbolá, e os homes e mulleres que reventan un autobús cheo de civís? Se a alguén lle interesa solucionar este conflicto mellor será que deixemo-la demagoxia na casa.