Homenaxe da RAG a Pardo de Andrade, un dos primeiros xornalistas galegos

En 1813 publica un 'Rogos dun gallego', en galego, para convencer aos seus paisanos dos valores constitucionais. Sufriu exilio e viviu en Francia, Inglaterra e Bélxica.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 04/11/2013 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Manuel Pardo de Andrade,  tamén coñecido como "León de Parma, Pardo de Chas ou Vardo de Chaz" --como asinaba os seus escritos-- foi un fidalgo nado en San Martiño de Dorneda, na Coruña en 1760, que exerceu de escritor, poeta e político liberal.

Un dos escritos de Manuel Pardo de Andrade
Un dos escritos de Manuel Pardo de Andrade

Tamén foi un dos primeiros xornalistas galegos, sufriu exilio e escribiu un dos primeiros textos en galego. Precisamente por iso, por cumprirse 200 anos do seu romance de cego 'Os rogos d'un gallego', que escribiu exiliado en Londres, a RAG adícalle este martes unhas xornadas que inauguran o seu pesidente, Xesús Alonso Montero; o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e Angel García Seoane, Alcalde do Concello de Oleiros.

"Abrille os ollos sobre certas iñorancias"

'Os rogos d'un gallego' é un libro que Pardo de Andrade adicou aos seus paisanos para  "abrilles os ollos sobre certas iñorancias, e o demais que verá o curioso lector" e divulgar os principios constitucionais. Sobre o significado deste escrito falarán nestas xornadas o ex presidente da RAG e catedrático de Historia Contemporánea, Xosé Ramón Barreiro, que abordará a "Manuel Pardo de Andrade e a Galicia do seu tempo”, M.ª Rosa Saurin de la Iglesia cunha “Semblanza de Manuel Pardo de Andrade” e Gonzalo Navaza sbore "o exilio en Francia de Manuel Pardo de Andrade”.

O fidalgo, ex agostiño e revolucionario, viviu a cabalo de Galicia, Inglaterra, Francia e Bélxica. Durante a Guerra da Independencia, e co grado de capitán, aproveita para porse á fronte do Diario da Coruña, primeiro xornal político, (1808-1809), auspiciado pola Xunta de Galicia.

Dirixe logo o Semanario Político, Histórico e Literario da Coruña (1809-1810) e en 1811 encárgase tamén de redactar o Boletín Patriótico, de breve vida, e colabora no Cidadán pola Constitución (1812-1814). 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 amijiño

Tamén escribiu "Los guerrilleros gallegos de 1809", unha crónica xornalística dos feitos guerrilleiros de Galicia nos 6 meses de ocupación francesa. Este libro sería reeditado en Galicia a finais do XIX pola "Biblioteca Gallega" a editorial máis importante no rexurdimento. Libro moi interesante que describe unha época. Ogallá tivésemos xente da talla de M P. De Andrade no 2013, que falla nos fan¡¡¡...

1 Jonatam

Que mal fixo este pobre Fidalgo para ter esta compaña de Barreiros, Navazas, Monteros e Saurines de la Iglesia Ortodoxa Jacobina del Séptimo Día ?