E a quen subvencionamos?

Leo o artigo de Francisco Castro no que nos fala da traxedia do peche de librerías. Dos síntomas múltiples que iso anuncia.

Por Xoán Vázquez | New Yersey | 18/12/2013

Comparte esta noticia
Da perda colectiva que iso implica para toda a sociedade. Estou completamente de acordo. De acordo de que esto é unha traxedia, de que os síntomas son os propios duna sociedade decadente, e de que a perda colectiva é demoledora. Pero, e as causas? As causas sempre foron máis difíciles de tratar. O demo está en diagnosticar as causas.  
 
É o das librerías un problema illado? Non. É un problema singular? Tampouco. O que está a acontecer coas librerías non deixa de ser unha manifestación da nosa sociedade. Iso é o primeiro que hai que ver, recoñecer e combater. A ver, que alguén me mencione algo que funcione en todo o Estado. Se o problema fosen catro librerías, daquela estábamos na gloria. Temos gravísimos problema no que atinxe aos modelos e paradigmas sociais e económicos, bifurcados entre o vividorismo e o idealismo. Qué se pode esperar dunha sociedade cuxos alicerces son o vividurismo e mailo lo idealismo? Nada. Absolutamente nada. Os vividores, aos seu: depredar. Os idealistas, coas súas boas intencións ao lombo, desbordados polos síntomas xa nin lles quedan folgos para a diagnosticar. Alí onde o prognatismo non ocupe o seu correcto lugar, na súa correcta medida, pouco se pode facer. Pouco se pode facer porque de boas intencións xa hai moito que está o inferno cheo. 
 
Para comprar libros, zapatos ou verzas, hai que ter con que pagalos.  Dou por feito que nas librerías, pola súa propia natureza, a ética e mailo compromiso social é moito máis potente can en moitas outras industrias. Mais, quede claro, é unha industria, nin máis nin menos. E como tal se ten que abrir paso. Na miña experiencia, que non é tan pouca, a relación prezo do libro - soldo medio do comprador é aberrante. Absolutamente inasumible. Tres, catro ou máis veces máis caro do que é en New York ou New Jersey.  En ambos eses dous lugares non hai subvencións.  Nada en contra das subvencións, considéroas absolutamente necesarias e centrais alí onde a súa incidencia na vida das persoas sexa cuantificable e positiva. Imos cunha anécdota: 
Vai para uns anos, o xornal The New York Times publicou un artigo de como ao Exipto, para axudar aos pobres, déuselle por subvencionar de maneira moi xenerosa o pan. Os panadeiros felices. Ao principio os resultados foron moi positivos, a xente moi contenta e con con notable mellora no acceso ao pan. Todo indicaba que os resultados eran decididamente positivos, un éxito: os pobres xa tiñan que comer. Mais nesas, os pobres das aldeas déronse conta de que era máis barato alimentar os camelos con pan con penso. A demanda de pan disparouse ata tal punto que xa non había fariña para suplir os reclamos, nin trigo para facer fariña. Un estrago, un desastre. Un fracaso. Alguén no goberno preguntouse, e se en vez de subvencionar o pan subvencionamos as sementeiras e colleitas de trigo, non nos irá mellor? En fin, hai cousas que deben ser subvencionas, se cadra entre elas as librerías, pero cal é o punto neurálxico onde as subvencións son un acerto incontestable? E, mesmo, sempre que falemos de subvencións, recoñecer que iso significa sacar diñeiro dun lado para polo noutro. Como priorizar? Nestas épocas de tanta precariedade e pobreza, a quen llo sacamos?  Onde o pomos? A quen subvencionamos? .  
 
Para min, o único que está claro é que para poder vender libros a xente ten que ter motivación para compralos, pero tamén, tamén, diñeiro para pagalos. Partindo da premisa, para min indiscutible, de que as subvencións é o diñeiro de todos ao servizo de todos, que subvencionamos, os “libros” ou as industrias productivas que xeren postos de traballo con soldos que nos permitan pagar “xusto-prezo” cando vaimos mercalos?  Temos un 30% da nosa xente no inferno do paro, cada mes perdemos máis de dous mil mozos na desgracia da emigración. Coido que aínda quedan moitas “librerías” por pechar.  Grave erro esquecerse que aos camelos séntalles mellor o penso có pan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Vázquez Nado en 1957, na aldea do Zapatal, parroquia de Santa Mariña de Xuño, concello do Porto Do Son. Con 17 anos emigra aos EE.UU. Estuda informática na Kean University. Actualmente exerce de informático en New Jersey. O seu blog: http://xoangvazquez.blogspot.com/