Comparte esta noticia

A Secretaría Xeral de Medios ten un orzamento para creatividade e campañas publicitarias de 5,4 millóns de euros. Unha cantidade de cartos a repartir entre os principais medios de comunicación galegos e españois entre finais do 2020 e 2021, os anos no que o impacto económico da Covid aínda é moi importante con sectores que aínda non se teñen recuperado desta crise sanitaria.

Mar Sánchez Sierra e Nuñez Feijóo
Mar Sánchez Sierra e Nuñez Feijóo

Así, segundo a documentación consultada por Galicia Confidencial, o departamento que dirixe Mar Sánchez Sierra, a principal asesora de Feijóo e a gran coordinadora da comunicación de todas as consellerías, dispón de 3,6 millóns de euros para repartir entre os distintos medios de comunicación en "campañas institucionais da Xunta de Galicia en datas relevantes para a Comunidade Autónoma".

Por outra banda, esta secretaría tamén dispón de 1,85 millóns de euros para os servizos de elaboración das creatividades para as campañas de comunicación e institucionais da Xunta de Galicia. En total, máis de 5,r millóns de euros entre 2020 e 2021.

Entre as campañas publicitarias da Secretaría Xeral de Medios destacan o 8 de marzo, Día da Muller; o 23 de abril, Día Mundial do Libro; o 17 de Maio, días das Letras Galegas e o 25 de Xullo, Día de Galicia. A estas datas hai que sumarlles as de finais do 2020, entre elas, 4 de outubro, Día dos Animais; o 25 de Novembro, Día da Violencia de Xénero e o 3 de decembro, Día da Discapacidade. Os medios utilizados para estas campañas son a televisión e publicidade exterior só para "campañas globais" e radios e xornais, tanto en papel como as edicións dixitais. 

OITO MILLÓNS MÁIS EN PUBLICIDADE NOS ÚLTIMOS MESES

Este diñeiro súmase aos oito millóns que xa distribuíron outros departamentos da Xunta en campañas publicitarias, o máis importante, o da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación que dirixe Francisco Conde que destinou case catro millóns de euros nunha gran campaña publicitaria de ámbito galego "que poña o acento sobre os retos que afronta a sociedade galega en materia de economía, empresa e innovación".

 

Tamén nos últimos meses a Consellería do Medio Rural, aproveitando o verán e a campaña de incendios, gastou case 1,3 millóns para repartir entre xornais, radios e televisións nunha campaña de concienciación contra os lumes forestais. Este concurso contrasta co que acaba de quedar deserto para dotar de material apropiado aos profesionais contratados pola Xunta para loitar contra os incendios forestais.  Un concurso dotado de 3 millóns de euros que pretendía equipar a estes profesionais con  anorak, forro térmico e cubrepantalón, conxunto de chaqueta e pantalón e traxe e botas de auga.

 

Por outra banda, a Xunta de Galicia gastou case 1,5 millóns de euros noutras campañas publicitarias para, neste caso, promocionar o consumo de produtos galegos coa curiosidade que o fará a través de dous organismos diferetnes; a Consellería do Medio Rural e a Axencia de Calidade Alimentaria. Así, a Axencia de Calidade Alimentaria destinará 700.000 euros para o desenvolvemento dunha campaña de publicidade para a promoción dos produtos galegos con denominación de calidade, mentres que Medio Rural  sufragará 629.960,78 €  para a promoción do leite galego en 2021 e 2022. Por outra banda, a Consellería de Pesca, gastará 172.000 euros para a promoción dos produtos procedentes da pesca e da acuicultura entre a poboación xuvenil no 2021 e 2022.

 

Tamén, e dentro desta política propagandística, a Xunta de Galicia privatizou o servizo de redes sociais de Turismo de Galicia, a pesar de dispor un amplo gabinete de comunicación. Unha privatización que custará 154.880 euros durante os dous vindeiros anos e que ten como obxectivo por en marcha un conxunto de estratexias e accións de comunicación dixital coa intención de "manter a sensibilización da poboación galega, nacional, internacional así como aos sectores implicados sobre os valores do turismo en Galicia e o Camiño de Santiago nas redes sociais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

7 Sentidiño

Ao Correo Gallego non lle serviu de moito, está en concurso de acredores...

6 Gamela

Os lectores do GC levamos anos informados puntualmente dos manexos da Xunta de Feijoo de cara a "mercar a opinión publicada" agora seica esta información cruzou o Padornelo e da man do xornal Público pretende conquistar Madrid (?) https://twitter.com/Vigoblog/status... Non estaría mal algún recoñecemento ao GC nesta longa etapa de silencio informativo por parte dos medios Subvencionados (?)

5 Gheiteiro do Benegué

Oiste, moi boena notisia neno, así te puede ir el Nestor Rego al Mandriles mais rapidiño para chorarles al Parlamento, al igual que le chora el Feijóo. Sois la ostia pavos!

4 Amancio

Xa se sabe que no réxime nacionalista a imprensa é comprada polo goberno para adoutrinar a poboación. Ou polo menos iso din os Riolos e os nostrus cando aparecen noticias semellantes relativas á Cataluña. O que pasa é que, é claro, acó o nacionalismo é español.

1 Xian do Sil

Déjate de consignas. En Galicia el nacionalismo tiene afortunadamente poca audiencia, y los medios escritos galleguistas no se leen ni pagando por ello. De lo que se trata para Núñez Feijóo es de mantener el sistema clientelar del PP. Por eso reparte pasta a periódicos que siempre son los más leídos, con PP o con bipartito. Y por eso se mantiene la infumable y carísima Telegaita, que te la podías pagar tú, si te apetece, Luar aparte, que es lo único realmente popular.

2 Amancio

Eu deixarei as consignas cando ti deixes os malabarismos. A finalidade de subvencionar á imprensa (en Galicia, en Cataluña ou no goberno do Estado) é ter controlo sobre o que é publicado e o que se di nela, facela dependente do goberno. A maioria da xente entende isto perfeitamente, como tamén que non hai diferenzas entre un goberno nacionalista catalán que subvenciona a imprensa e o que fai a dereita nacionalista española que goberna Galiza. Por certo, concordo contigo en financiar a CRTVG do meu peto. En troca, ti podes pagar o RTVE, o Instituto Cervantes, a RAE e e demais gordura burocrática estatal con sede en Madrid. Trato?

3 Xian do Sil

Amancio: aunque algunos no sean capaces de distinguirlo no es lo mismo la pizza que la empanada gallega. El PP gallego no tiene nada de derecha nacionalista española ya que en muchísimos aspectos culturales siempre ha dejado hacer al BNG, algo inconcebible en Cataluña con CíU con respecto al PP, y que desde los tiempos de Fraga margina al gallego en la Educación o en la rotulación de los edificios oficiales de la Xunta. Tampoco estamos de acuerdo en el resto. Con la RTVE lo mejor que podían hacer era cerrarla. Y la RAE o el Instituto Cervantes no tienen nada que ver con lo que estamos hablando, al igual que la RAG, con sede en Santiago, una institución necesaria, por mucho que esté politizad por los de siempre.

4 Amancio

Non digas paxaradas Xian, todo o mundo ten tan clara a diferenza entre a pizza e empanada como a finalidade de subvencionar a imprensa. A única diferenza que existe é que te ves na necesidade de desculpar un pouquiño a que se fai en Galicia porque a cor do goberno che gusta mais que a do catalán. Teimas persoas e realidade paralela nacionalista. As mesmas che fai acreditar que un partido que defende a unidade de España e é contrario á autodeterminación de Galiza non é nacionalista español. Modérate, que un día destes habedes de máis en Vox e perder a Xunta

3 Gamela

Dixémolo hai dous anos, e todo sigue igual... a xente está resignada a ter que pagar dúas veces pola información-propaganda e aínda así ninguén dende os "partidos políticos" levanta a voz sobre o tema... https://i.gal/gamela22 Só GC segue informando puntualmente do asunto e grazas a GC sabemos que estamos a vivir nun mundo virtual ! É de ben nacidos ser agradecidos... cómpre rascarse o bolsillo para manter a liberdade de información en Galicia