Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/07/2006 | Actualizada ás 21:35
Na provincia da Coruña adxudicaronse 16 licencias, distribuidas en sete demarcacións, que foron para La Opinión de A Coruña, Editorial La Capital, Editorial Compostela, con tres cada unha; e Faro de Vigo, Salitre Multimedia, Utega, Radio Coruña, Multimedia Comunicaciones e Mancomunidade do Salnés, que lograron unha.
14 licencias foron para cinco demarcacións de Pontevedra, con duas para Faro de Vigo, Lérez Canal 29 e Rías Baixas de Producción e unha para Editorial Compostela, Multimedia Comunicaciones, Deza Visión, Televisión de Pontevedra, Utega, TV Salnés e Editorial La Capital.
En Lugo concederonse 10 adjudicacións en cinco demarcacións, con catro para Telelugo El Progreso; duas para TV7 Monforte e unha para Chantada Comunicación, Utega, Alternativas de Medio Audiovisuales e Telemiño.
Para Ourense foron seis licencias que abarcan catro demarcacións. En total, Telemiño recibiu catro e Faro de Vigo e Utega, unha cada unha. O Grupo Voz e a Cope conservarán a licencia para operar en toda a comunidade.
Galiciaconfidencial publicou varios artigos sobre este proceso que podes consultar aquí e aquí.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.