O longo camiño das TDT´s

Tal e como xa anunciou Galiciaconfidencial a pasada semana, o Consello da Xunta aprobou hoxe as 46 licencias de televisión dixital tras recibir 87 ofertas e analizar tres informes técnicos diferentes...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/07/2006 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

None

Na provincia da Coruña adxudicaronse 16 licencias, distribuidas en sete demarcacións, que foron para La Opinión de A Coruña, Editorial La Capital, Editorial Compostela, con tres cada unha; e Faro de Vigo, Salitre Multimedia, Utega, Radio Coruña, Multimedia Comunicaciones e Mancomunidade do Salnés, que lograron unha.

14 licencias foron para cinco demarcacións de Pontevedra, con duas para Faro de Vigo, Lérez Canal 29 e Rías Baixas de Producción e unha para Editorial Compostela, Multimedia Comunicaciones, Deza Visión, Televisión de Pontevedra, Utega, TV Salnés e Editorial La Capital.

En Lugo concederonse 10 adjudicacións en cinco demarcacións, con catro para Telelugo El Progreso; duas para TV7 Monforte e unha para Chantada Comunicación, Utega, Alternativas de Medio Audiovisuales e Telemiño.

Para Ourense foron seis licencias que abarcan catro demarcacións. En total, Telemiño recibiu catro e Faro de Vigo e Utega, unha cada unha. O Grupo Voz e a Cope conservarán a licencia para operar en toda a comunidade.

Galiciaconfidencial publicou varios artigos sobre este proceso que podes consultar aquí e aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 Xaquín

Entre os medios afíns ao PP tamén se inclúe a Tele Sanlés.

3 sacho dourado

Qué vergonza.

Ós proxectos galegos volven quedar solapados polas decisións de Madrid. ¿A quen lle van botar a culpa agora, ó arcebispo Rouca Varela?

Sí, sí, porque hai un ano o goberno Fraga concedeu inexplicablemente á Cope unha canle de TV mentres se quedaba o COrreo Gallego a velas vir.

Cambiaron os colares pero os cans seguen ladrando cara o mesmo sitio. Todos co morro posto en Madrid.

Temos o que nos merecemos. Son todos uns sinvergonzas. E logo din que queren facer país. E mellor que non fagan nada que xa famoes país os curritos cos nosos impostos. A política ten todo o descreto do mundo con este tipo de actuacións e outras que xa se ven na TVG.

Así queremos medios libres e transparentes? Cada día máis libertad de empresa, que non de prensa. Onde están os xornalistas que cren no idealismo desta profesión? Todos calados. Por qué? Non será porque ovella que berra bocado que perde, non?

Aquí seguimos premiando o "que hay de lo mío". Así nos vai.

O peor o traballo que van perder os que se vexan na rúa por esta decisión "polítca".

As portas están abertas para os de fóra (Vascos, Prisa -muy bien Sr. Blanco lo está haciendo muy bien y menos mal que usted es de Lugo- Qué se lle perdería agora a Blanco no País Vasco. Será esto un xesto de pago de prezo político?

Pois nada a seguir facendo país....

2 cidre

Totalmente dacordo. Coma reza "o galego esta de moda", cos medios de comunicación preténdese que "o galego esté de m rda".
Pero non está todo perdido, as cancelas hoxe no eido audiovisual escarallanse cun virus, e os ferreiros da política non están preparados para eliminar os "virus" galegos que tanto incordian.

1 El Pais S.A

O final o que tanto temíamos aconteceu, primouse ós grupos de fora – Localia- Prisa(presentouse con ata catro nomes distintos), Prensa Ibérica- Grupo Moll (con dous), e Vascos-Alternativa de medios, imposto este desde Madrid- en detrimento dos proxectos galegos como Onda Nos, integrado por once emisoras galegas locais que viñan emitindo desde hai anos e das que so se salvaron catro de xeito parcial (Monforte, Salnés, Deza, Chantada).
O panorama non pode ser más desalentador, hai demarcacións nas que as tres emisoras concedidas son afíns o Psoe- Psde G. Proxectos que emitían en galego e que mantiñan emisión desde hai anos quedaron fora cando xa tíñan asentada a súa audiencia, programación e persoal. Fálase de que poden quedar na rúa 170 profesionais dos medios. E a todo esto onde está o Colexio de Xornalistas e o sei Presidente, sempre tan defensor dos dereitos dos curritos e que nos últimos tempos está moi calado con todos os despropósitos que fai o goberno non so nas locais se non na TVG e TVE, claro afinidade. E neste saco habería que meter tamén as Asociacións da Prensa, de Periodistas etc, etc.

E todo esto lévanos a preguntarnos:
1.- É certo que nas concesións non houbo acordo entre os membros do goberno bipartito impoñéndose a vontade do Presidente?
2.- É lícito que nun goberno bipartito o maioritario, e pese ós acordos, impoña o seu criterio sen negociación e levando o tema sen estar acordado o Consello?
3.- É tanta a hipoteca política de parte do goberno co Grupo Moll-Prensa Ibérica(apoios a A.C. nas municipais de Vigo) e co grupo vasco(imposto desde Madrid) como para poñer en perigo e chegar incluso a rachar un acordo de Goberno?.
5.- Por qué se primaron a grupos de fora de Galicia Prisa, Moll, Vascos, en detrimento dos proxectos que facían as empresas galegas xa funcionando.
6.- Por qué nalgunhas demarcacións que chegan a mesma zona danse frecuencias de cobertura repetida limitando deste xeito a pluralidade.

A todo esto o cabreo entre os socios de Goberno é monumental e está a poñer en perigo o pacto entre os dous partidos polo que o BNG considera unha traizón.
E mentres tanto nos medios falase dunha retaila de impugnacións que pode paralizalo desenvolvemento durante anos mentres a xustiza non resolva, e iso se non entramos en problemas de manipulación do primeiro informe en mans dos medios, e que segundo se di foi alterado. E todo por servidumes políticas e amíguesmos persoais. E despois falaban dos anteriores.
Por certo danse conta que o Ps de G, logrou facer realidade o sono do goberno Aznar de controlala maioría dos medios, e se non miren como queda a tv en Galicia.
Afín a Ps de G: Localia, Moll, Alternativa de Medios, TVE, TVG, Cuatro, La Sexta e todo o espectro dixital de satélite........
Afín a PP de G: Popular Tv e algo Antena 3
Queda Tele 5, acercándose cada vez máis o Psoe e...... ..nada mais, para que seguir .
Mais do mesmo sen aprender de cataláns e vascos e poñendo intereses propios por riba dos do País ......