La Sexta denuncia a "manipulación informativa" da TVG

A presidenta do Comité Interempresas e un xornalista do ente público critican no programa El Intermedio o control informativo ao que son sometidos pola directora de informativos que "foi interventora polo Partido Popular" en Cambados.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/02/2014 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

Hai uns días o GC publicaba a aprobación, por parte da dirección da CRTVG, de varias normativas; unha recomendaba aos seus traballadores vestir correctamente e outra que faculta á dirección da televisión pública a controlar os correos da rede corporativa e monitorizar calquera acceso a Internet

O reporteiro Gonzo de La Sexta con Raquel Lema e Luis Quintas
O reporteiro Gonzo de La Sexta con Raquel Lema e Luis Quintas | Fonte: La Sexta

Precisamente, sobre isto afondou o programa El Intermedio, de La Sexta. Un dos seus reporteiros, o galego Gonzo, trasladous e Santiago para falar coa presidenta do Comité Interempresas da CRTVG, Raquel Lema, e o xornalista Luis Quintas sobre o control informativo da TVG.

Nesta entrevista, os dous coincidiron en que a dirección do ente público quere, con estas novas normas, "reprimir e sementar o medo" entre os traballadores, co obxectivo, entre outros, de acabar actividades como o blog 'Eu non manipulo'.

Directora de informativos e interventora

Os dous profesionais falaron abertamente de "manipulación informativa". "A persoa responsable é a directora de informativos --Pilar Bermúdez-- que é encargada de velar polos contidos informativos", apuntou Lema ao lembra que, ademais, "foi interventora do PP nun concello --Cambados--", polo que a súa obxectividade como xornalista está en dúbida.

E como esta manipulación?. Pois é case de "manual de nenos", explica. "Todo o que é negativo do PP pois se silencia e todo o que lle pasa de malo á oposición se engrandece e estira", apunta ao recoñecer que tamén houbo manipulación no bipartito "pero non da magnitude de agora".

Como se expresa esta manipulación?. Exemplos, segundo eles, hai moitos. Entre eles, o tratamento do aborto. "Houbo un redactor xefe que buscou o caso dunha clínica abortista en EE.UU. cuxo propietario estaba acusado de varios asesinatos e que tiña imaxes escabrosas con fetos mortos. A idea era, claramente, vincular aborto con asasinato", indicou Lema.

Os casos censurados

Outro caso, Marcial Dorado. "As fotos só se amosaron unha ou dúas veces. Feijóo compareceu no Parlamento galego e non se deu esa comparecencia en directo cando se dan outras de Rajoy", engadiu.

Ou o caso Bárcenas. "Ese día abriase o informativa con que Galicia levaba xa 21 días de chuvia. E ese tema estaba relegado a un papel secundario e só cos desmentidos do PP e non contando o que pasa", apuntou Quintas.

Outro tanto pasou coa mina de Corcoesto. "A propia empresa que está detrás deste proxecto pagou a un equipo de TVG para amosar como funciona esa empresa. Logo se fixo un vídeo que só era a versión da empresa e no que se vía o fantástico que era todo sen amosar opinións contrarias a ese sistema de extracción", apuntou o xornalista.

E, finalmente, os preferentistas cando entraron na sede da CRTVG. "A esa situación se chegou pola anguria dos afectados... Había xa preparado un vídeo dunha muller de máis de 90 anos que contaba a súa historia e veu unha orde da directora de informativos que impediu que se emitira", lembra.

"E, a pesares de todos estes caos, non hai rectificación por parte da TVG?", pregunta Gonzo. "Non, non. Eu lembro que o propio director xeral chegou a dicir na Cámara galega que se tivera que recificar habería que facelo mañá, día e noite", concluíu Quintas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 Unmenos

Neste caso cúmprese o prinicpio da navalla de Ockham, a explicación máis simple e case sempre a correcta. A nula formación, sentido crítico da propia cidadanía, maís sangrante se cabe nunha sociedade que ten acceso a rede, é propicio para que se poñan as botas estes caras da desinformación. Como ben se di no video é tan burda, cutre e infantil a desinformación que fai falla ser pailán para non decatarse. Afortunadamente, segundo os datos do INE cada vez van quedando menos pailáns. Canta razón non tiña Darwin.

1 Xavi

O peor da Crtvg sonche os caraduras incompetentes que temos como xefes,nonbrar a os directores ao Izquierdo que ten de perro faldeiro ao incompetente de informatica Oo que chaman o TOPO e o esta metendo en mais dun problema. A directora da radio que eh a mayor incompetente que hai no periodismo en galicia que tamen puso a un delincuente ao frente do servizo tecnico,o que pirateaba a canal plus cas tarxetas e ahora di que eh un fenomeno... todos sabemos quen eh o mallor incompetente.Seguimos cos charlatans dos directores de informativos etc..Manipilan todo pensando que a xente e tonta. Feigoo estes van a acabar contigo fai cambios ou acabaran ca tua imaxen a nivel nacional, xa veras cando empezen a sair as noticias, que non estan case nunca en galicia, manipulacion, botara a xente mais competente por ter criterios distintos etc. CAMBIOS XA

2 escalo

E non dicir que Raquel Lema forma parte da Central Unitaria de Traballadores/as, non é tamén outro caso de manipulación?

1 estrelaFugaz

A ver canto dura...

2 San Marquinhos

Non foi a CUT a que reventou o acto de Garzón impedíndolle falar? Eso é o que quere Raquel Lema para TVG. O que lle fode a ela e ao Quintas é que os telexornais sexan os informativos máis vistos das televisións de todo e Estado.

3 Rositas

Todo eh unha mentira, as medidas son por que botaron a un traballador que os ten agarados polos collons, e o mais seguro que teñan que acabar botando algun xefe por manipular archivos nos servidores.... O causa a dimisions do xefe persoal ou o mismo director da tvg. Dexeoche sorte acaba con todos estes incompetentes.

1 Ful de estambul

Esto saiu no Intermedio, un dos poucos programas que se salvan da queima e da censura que fan as televisións, por certo o principal presentador o Gran Wyoming esta na corda floxa porque o gobernó deste reino quere que o despidan a toda costa, eu dende aquí pido que quen poida velo o mire para ter máis audiencia e asi a cadena igual se corta un pouco para despedilo, este programa emitese por a sexta de 21:30 a 22:30 horas de luns a xoves. Saúdos Ful.