O arquitecto municipal de Negreira nega ter falsificado documentos públicos

Piden catro anos de cárcere para el por unhas sinaturas de 2017.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2021 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

O arquitecto municipal de Negreira en 2017, acusado de presunta falsificación de documento público, negou os feitos e alegou que asinou a acta de recepción para que puidese porse en funcionamento unha pista, podendo comprobar despois se o proxecto correspondía co previsto.

No seu escrito, o Ministerio Público, que pide catro anos de cárcere por este delito, sitúa o presunto delito cometido en maio de 2017 e apunta que a firma da acta produciuse "sen que a obra executada o fose conforme ao proxecto realizado polo propio arquitecto municipal, dado que existe unha diferenza en metros cadrados na pavimentación da pista".

Na súa declaración, o acusado explicou que a obra non se puido levar a cabo por completo ao confluír co Camiño de Santiago e impedir a realización da mesma Patrimonio. Segundo sinalou, quedaron sen asfaltar "uns 60 ou 80 metros por valor dun mil euros". Ademais, apuntou que este tramo era parte dun proxecto maior e que, para compensar, a falta de asfaltado nesta zona pavimentouse outra pista realizando "un maior investimento".

CUNETAS

A Fiscalía tamén argumenta no seu escrito "a falta de creación de cunetas, só realizada parcialmente e ausencia na formación de noiros, sen que conste outro documento que recolla variacións nas medicións ou na execución final do proxecto".

Segundo argumentou o arquitecto, no documento especifícase que "non é obrigatorio" realizar todas as actuacións na pista, podendo crear cunetas só onde sexa posible e limpando a zona na que non se poida levar a cabo esta obra.

Xulgados
Xulgados | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta