Foliada e baile para celebrar o magosto en Verín

Baixo o lema, "trae o teu instrumento e ganas de bailar", o concello anima a participar á veciñanza e aos visitantes que se queiran achegar.

Por X.M. Fernández | Verín | 05/11/2021 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

O vindeiro sábado, 6 de novembro, o Concello de Verín celebra un magosto popular na Praza Maior da vila. Os asistentes ao evento, que comezará ás 19:00 horas, poderán degustar castañas de balde e desfrutar dunha divertida xornada de festa, como non podía ser doutra maneira, con foliada aberta e baile.

Praza Maior de Verín. Foto: XMF
Praza Maior de Verín. Foto: XMF

As personas interesadas en participar na foliada co seu instrumento terán que inscribirse previamente, antes deste venres 5 de novembro ás 15:00 horas. A organización facilita o seguinte enderezo electrónico para facelo: inscricions@verin.gal.

Cartel
Cartel
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta