Morre atropelada unha muller de 68 anos en Cee

O suveso aconteceu ás 19:30 do venres pasado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2021 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

Unha muller de 68 anos faleceu na tarde do venres na localidade coruñesa de Cee ao ser atropelada por un vehículo que circulaba pola avenida Fernando Blanco.

O suceso, segundo informaron fontes dos servizos de emerxencia, tivo lugar ás 19,30 horas do venres á altura do número 99 desta avenida do centro de Cee. Os efectivos sanitarios do 061 desprazados ao lugar do accidente só puideron confirmar o falecemento da vítima.

ACCIDENTE CUN XABARIL

Por outra banda, tamén na tarde noite do venres, un xabaril provocou un accidente de circulación no que se viron involucrados dous coches e que se saldou cunha persoa ferida.

Sucedeu na estrada N-540 ao seu paso pola parroquia da Vegia, no municipio lugués de Chantada, ao redor das 21,00 horas do venres. O ferido foi evacuado polos efectivos de Urxencias Sanitarias 061 a un hospital.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta