Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2021 | Actualizada ás 10:58
Un accidente de circulación entre dous camións e un turismo na autovía A-52 provoca retencións desde primeira hora da mañá deste luns á altura de Ponteareas (Pontevedra).
Segundo informou a Garda Civil, o sinistro, ocasionado polo mal estado dunha xunta de dilatación e que se saldou sen feridos, produciuse ao redor das 09,00 horas da mañá no punto kilómetrico 295 da Autovía das Rías Baixas.
Un dos camións articulados implicados no choque verteu a súa carga de gasolina sobre a vía a consecuencia do impacto, o que está a provocar retencións na estrada debido ás tarefas de limpeza que levan a cabo na zona os bombeiros.
A Garda Civil apela a circular con precaución á altura do accidente, xa que os servizos de emerxencia ocupan o carril dereito en sentido Vigo da autovía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.