O alumnado da ABAU Extraordinaria coñecerá as súas notas provisionais o día 20 de xullo

As primeiras probas, nas que participan máis de 2.700 alumnos, comezaron con normalidade.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 12/07/2022 | Actualizada ás 13:03

Comparte esta noticia

O alumnado que desde este martes e ata o vindeiro xoves participa nos exames de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) Extraordinaria en Galicia recibirá as notas provisionais o próximo 20 de xullo, segundo confirmou a Europa Press o vicepresidente da Comisión Interuniversitaria de Galicia (Ciug), Pedro Armas.

Así mesmo, afirmou que os máis de 2.700 estudantes galegos inscritos nestas probas comezaron os exames "con total normalidade" e sen ningún tipo de incidencia. As probas comezaron ás 10,00 horas co exame de Historia de España, mentres que ás 12,00 horas deu inicio a proba de Lingua Castelá e Literatura II.

A falta de cuantificar o número de inscritos que se presentaron, un total de 2.748 estudantes galegos estaban chamados a participar. En concreto, 1.544 mulleres (56%) e 1.204 homes (445).

En total hai 15 comisións operativas, nelas, por cidades, Vigo acolle a uns 600 estudantes; A Coruña e Santiago, máis de 500 cada unha; Pontevedra, sobre 300; Lugo e Ourense roldan os 250; e en Ferrol, case 200. Ademais, unha vintena de alumnos examínanse no IES Agra de Raíces, en Cee (A Coruña), máis de 50 fano no Ies Vilar Ponte de Viveiro (Lugo) e 40 no IES Cosme López da Rúa (Ourense). A maiores, tres estudantes realizan probas no centro do ONCE de Pontevedra.

Ademais, Pedro Armas destacou que nesta proba extraordinaria examínase un número bastante inferior á ordinaria. En xuño eran máis de 12.000 e agora sobre 2.700. En todo caso, sinalou que "entre 700 e 800 alumnos" acudirán, maioritariamente, o mércores e o xoves, cando se celebran as probas para subir nota.

Estudantes esperan antes de comezar as probas de acceso á universidade 2022, a 7 de xuño de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). Hoxe arrincou en Galicia a Avaliación de Bacharelato para Acceso á Universidade (EBAU),. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Estudantes esperan antes de comezar as probas de acceso á universidade 2022, a 7 de xuño de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). Hoxe arrincou en Galicia a Avaliación de Bacharelato para Acceso á Universidade (EBAU),. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta