Ser e Radio Galega lideran as audiencias en Galicia

Os mozos escoitan moita menos radios que o grupo de entre 35 e 45 anos. A audiencia por Internet segue sen chegar ao 10%

Por Galicia Confidencial | Comunicación | 18/09/2014 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Radio Galega ocupa o primeiro lugar entre as emisoras máis escoitadas de Galicia cun promedio de 144.000 oíntes diarios, con máis do dobre da segunda clasificada que é Radio Vigo FM Ser, segundo un informe do Consello da Cultura Galega sobre os medios de comunicación en Galicia. 

Alberto Freire, locutor de Radio Galega
Alberto Freire, locutor de Radio Galega

Con datos do Estudio Xeral de Medios, o organismo sinala que polo número de oíntes  a seguir atópase Vigo FM C40, Radio Coruña M Ser e R1/Radio Nacional de España FM. Considerando as canles de emisoras, a Radio Galega sería a segunda en audiencia, por detrás da Ser.

O informe aporta outros datos da audiencia xeral en Galicia comparativos cos do resto de España e así indica que en Galicia o 93% dos oíntes optan pola frecuencia modulada, mentres que a onda media e internet están prácticamente igualadas. No conxunto estatal, a radio "on line" sitúase 1,3 puntos porcentuais por riba da onda media.

A variable de idade inflúe de xeito notable no índice de audiencia radiofónica; os galegos máis novos son os menos interesados por este medio. A maior audiencia vén da man dos oíntes que están entre os 35 e os 44 anos.

Por provincias, coruñeses e pontevedreses suman o 76% da audiencia da radio en Galicia, mentres que os ourensáns e os lugueses acadan o 24% desta. Por último, o 95,3% dos galegos que elixen emisoras temáticas fanno para escoitar música.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 camionista

Ese informe do consello da Cultura Galega mostra un descoñecemento absoluto do que é a radio. A emisora máis escoitada en Galicia é a SER e punto.A Radio Vigo-SER no EGM é a mais escoitada cun so poste repetidor, con 71.000 ointes,e Radio Galega ten 144.000 con 40 e pico postes emisores en toda Galicia, polo tanto que se deixen de disfrazar. E por outra banda hai que aportar tamen os ointes que hai por internet porque nese caso cambio o conto,e unha emisora pequena coma Radio Valga 107.9 cun so programa de orquestras á semana, onde so falan en galego, xunta máis ointes nunha web con datos audiencia públicos, que todas as emisoras de Galicia xuntas, é a primeira de España en ointes,por riba de radio Madrid-SER. Poden mirar nas estadisticas http://www.radios.com.br/aovivo/Rad...

2 Isidoro

Esta información é falsa, como moitas outras que publica GC.

1 galinauta

Lembrar que o EGM non inclúe aos concellos de menos de 5.000 habitantes, o cal perxudica os datos da Radio Galega...

1 Kantareiro

Non manipules Rosiña. O EGM chega a tódolos concellos de Galiza, primando os máis pequenos pois ten o censo desfasado. O Consello da Cultura, despois deste informe, debería chamarse da Incultura. A Radio Galega caeu á cuarta posición, por detrás de SER, Cope e Onda Cero, e a TVG non chega ao 9 por cento de audiencia. Villares, disimula mellor, non se pode tragar de todo.

2 Moreira

¿que vai decir o concello da cultura?Que a Radio perde audencia dia a dia e que non se escoita pola manipulacion,o de internet eh grabe todolos medios avanzan e na nosa galicia non....vamos pa tras.