O comercio galego poderá adherirse ao Bono Activa Comercio dende este xoves

Para a clientela, o programa ofrece un bono desconto de 30 euros que se poderá empregar na lista de establecementos adheridos a esta iniciativa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2022 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

O comercio galego pode adherirse a partir deste xoves, 13 de outubro, ao programa do Bono Activa Comercio, unha iniciativa á que a Xunta destina 5 millóns de euros coa previsión de chegar a mobilizar 17 millóns en compras no comercio de proximidade de toda Galicia.

En concreto, os establecementos poderán sumarse a través da web bonosactivacomercio.gal ata o próximo 30 de novembro. No caso da clientela, poderán descargar a través do móbil os seus descontos neste mesmo espazo web desde o próximo 24 de outubro, data na que tamén poderán empezar a utilizarse.

O programa, que prevé chegar a máis de 160.000 persoas, ofrece un bono desconto de 30 euros que se poderá empregar na lista de establecementos adheridos a esta iniciativa. A principal novidade deste ano é a ampliación de tramos de desconto e os importes. Así, o desconto será de 5 euros para compras a partir de 20 euros e inferiores a 30 euros; 10 euros para compras desde 30 euros e inferiores a 50; e de 15 euros se se superan os 50 euros de compra.

O obxectivo desta iniciativa é axudar á economía das familias, contribuíndo a aliviar o impacto da inflación na capacidade de gasto dos fogares galegos; así como incentivar as compras no comercio de proximidade.

Un home pasa por diante do escaparate de aceso dun comercio
Un home pasa por diante do escaparate de aceso dun comercio | Fonte: César Argina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta