Seguen subindo os casos Covid en Galicia

Superan os 700.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2023 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 en Galicia aumentaron lixeiramente este venres, ao subir ata os 722 (+45). O mesmo ocorreu cos hospitalizados, que se sitúan nos 134 --132 en planta (+3) e dúas en UCI (+1)--. A pesar destes incrementos, os novos contaxios rexistrados nas últimas 24 horas descenderon ata os 56 desde os 63 notificados o xoves.

Ademais, segundo o balance publicado polo Sergas esta mañá con datos solicitados ata as 18,00 horas deste xoves, os pacientes curados do Coronavirus en Galicia son 689.237 desde que comezou a pandemia (+11), mentres que a cifra de mortes continúa sen cambios, nas 4.062.

Por áreas sanitarias, a subida dos casos activos é xeneralizada. Lidera a relación a área sanitaria de Santiago, con 147 casos (+7); seguida pola da Coruña, con 140 (+2); Lugo, con 118 (+14); Ourense, con 88 (+8); Vigo, con 87 (+7), Ferrol, con 74 (+1); e Pontevedra, con 67 (+7).

Onde si se rexistran variacións é en canto aos hospitalizados con Covid por distritos sanitarios. A Coruña é a área con máis pacientes, 34 (-3); seguida pola de Lugo, con 24 (+7); Pontevedra, con 23 (+3); Santiago, con 18 (-1); Ferrol, con 13 (+3); Ourense, con 14 (-1) --dos que dous están en UCI--; e Vigo, con oito (-3).

Por último, a área de Lugo é a que máis contaxios nas últimas 24 horas rexistrou, 11, mentres que as de Vigo e A Coruña empatan con 10 cada unha. Ás de Santiago e Ourense ocórrelles o mesmo, con sete novos contaxios, e xa por detrás sitúanse as áreas de Pontevedra, con seis, e de Ferrol, con catro.

Unha persoa maior á súa entrada para vacinarse da cuarta dose de Pfizer na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela
Unha persoa maior á súa entrada para vacinarse da cuarta dose de Pfizer na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta