Novas axudas do Instituto para la Transición Justa para pequenos proxectos de investimento

A directora do Instituto para la Transición Justa destacou a "diversidade" de propostas nos proxectos presentados por parte dos concellos presentes na reunión.

Por E.P. | A CORUÑA | 14/03/2023 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

O Instituto para la Transición Justa convocará unha liña de axudas destinadas a pequenos proxectos de investimento, dotada con dez millóns de euros, no marco dos convenios de transición xusta.

Así o expuxo a directora do Instituto, Laura Martín, que presidiu unha reunión informativa con alcaldes e alcaldesas dos 19 municipios incluídos nos convenios de transición xusta de Meirama, en Cerceda, e As Pontes, onde haberá tamén unhas xornadas.

O encontro contou tamén coa presenza do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, quen destacou as "novas oportunidades" para estes municipios coa finaniación outorgada. Tamén participou a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas.

José Miñones subliñou na reunión o traballo do Instituto para la Transición Justa que está a facer posible, dixo, avanzar cara a un modelo económico sustentable baseado nas enerxías limpas. "Non só axudas a concellos, senón tamén fondos para pemes", resaltou.

Á súa vez, a directora do Instiuto para a Transición Xusta destacou a "diversidade" de propostas nos proxectos presentados por parte dos concellos presentes na reunión.

Os mesmos están orientados a rehabilitar edificios públicos para albergar encontros internacionais de actividades tradicionais, a recuperación de contornas naturais, a creación de camiños e espazos verdes urbanos para mellorar a calidade de vida dos cidadáns, así como a recuperación de patrimonio. Tamén hai varias propostas para habilitar espazos para usos múltiples.

Encontro na Delegación do Goberno en Galicia sobre os convenios de transición xusta. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
Encontro na Delegación do Goberno en Galicia sobre os convenios de transición xusta. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta