Unha oficina de Abanca de Mazaricos, "Mellor oficina do rural" do ano 2022

O premio recoñece a excelencia da oficina na atención e servizo ao cliente, así como o cumprimento dos seus obxectivos de negocio.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/04/2023 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, entregaron este xoves á oficina da Picota, situada no municipio coruñés de Mazaricos, a distinción como mellor oficina rural do banco do pasado ano 2022. 

Tal e como explica Abanca, a oficina da Picota, formada por catro profesionais, "exemplifica o concepto diferencial de centro de atención e servizo de Abanca no medio rural". "Ademais dos elementos habituais na identidade do banco, as súas características principais son a súa estreita conexión coa súa contorna social e a súa especialización nas particularidades do sector agrogandeiro, reforzada co apoio da unidade Abanca Agro", apuntan.

Outros exemplos da súa "estreita conexión coa contorna social e económica do concello", son o patrocinio e participación en xornadas técnicas da Semana Gandeira de Mazaricos, que organiza o concello desde 2016, así como o convenio de colaboración coa Asociación Gandeira de Mazaricos, que contempla todo tipo solucións financeiras para os profesionais do sector agrogandeiro en condicións preferentes.

O presidente e o conselleiro delegado de Abanca aproveitaron a visita á Picota para manter un encontro cos profesionais da oficina e para visitar a explotación gandeira SAT Busto-Corzón, unha das explotacións de vacún de leite con maior produción de Galicia.

Entrega da distinción á oficina de Abanca na Picota de Mazaricos
Entrega da distinción á oficina de Abanca na Picota de Mazaricos | Fonte: ABANCA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta