Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2023 | Actualizada ás 10:00
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) organizará este sábado, 27 de maio, un maratón de biodiversidade ou 'Bioblitz' nos ríos Arnego e Tambre. Esta iniciativa consiste en realizar un censo exhaustivo das especies de flora e fauna nun tempo reducido.
Trátase dunha actividade de Ciencia Cidadá e descubrimento da biodiversidade local na que profesionais da ciencia que estudan distintos grupos de flora e fauna tentarán identificar o maior número de organismos vivos que habitan no río Arnego e no río Tambre, coa colaboración de todas as persoas que queiran sumarse a este reto e achegar o seu gran de area ao inventario de especies e o descubrimento do patrimonio natural destes espazos.
Da man de especialistas de Adega e axudados por persoas voluntarias (afeccionadas ou cidadanía sen coñecementos previos) preténdese recoñecer o máximo número de especies, tanto de animais como de plantas e liques.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.