@blondiemuser: "Deixei de publicar vídeos polos comentarios negativos"

Paula é a nosa segunda convidada a Laretando. Esta creadora de contido trata nas súas redes de temas centrados na sostibilidade e no medio ambiente, cos que conseguiu unha comunidade de máis de 1,8 millóns de seguidores en TikTok

Por Patricia Otero | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Volvemos co segundo capútulo de Laretando cunha das grandes creadores de contido que hai en Galicia. E é que Paula, máis coñecida como @blondiemuser en redes, conseguiu crear unha comunidade de máis de 1,8 millóns de seguidores en TikTok e máis de 35.000 en Instagram. 

Segundo episodio de Laretando Podcast con @blondiemuser
Segundo episodio de Laretando Podcast con @blondiemuser

Os seus contidos tratan principalmente sobre sostibilidade, aínda que cada vez están máis presentes temas relacionados con Galicia e o galego. Na nosa conversa tamén falamos de todos eses comentarios negativos que recibe diariamente, da incerteza de vivir 100% de redes ou de relacións tóxicas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta