Por Galicia Confidencial | Santiago | 18/04/2015 | Actualizada ás 10:00
A última ondada do Estudio General de Medios mostra unha caída do consumo dos medios impresos -tanto xornais como revistas- e unha suba da información en liña en todo o Estado. E Galicia non é inmune a esta tendencia, segundo proba o desglose elaborado pola delegación galega da axencia de publicidade Avante Medios.
Así, nun ano o consumo de diarios caeu un 7,8% no país. La Voz pasa dunha cobertura de 602.000 lectores a 573.000; perdendo 29.000. Faro de Vigo 283.000 a 261.000, perdendo 22.000. El País, que ven de pechar a súa edicción en Galicia, de 137.00 a 103, perdende 34.000.
El Progreso déixase 9.000 até os 91.000 lectores de cobertura. Imporante retroceso de El Correo Gallego e El Ideal Gallego, que perden 16.000 e 11.000 respectivamente. No caso da cabeceira coruñesa, isto supón case unha terceira parte da súa audiencia. As únicas boas noticias son para Diario de Pontevedra, que sube 4.000, e en menor medida para Diario de Arousa, que sube 2.000.
No referido á radio, a Ser segue mantendo o seu liderado informativo, malia perder 35.000 oíntes. En xeral todas as emisoras convencionais dan un paso atrás, salvo Radio Voz. A flial da Voz sube 34.000 até os 121.000.
No resto de canles non hai división por cabeceiras. É moi significativo que Internet aumenta a súa distancia sobre a prensa en papel. Os medios en liña suben significativamente (+4,08%), situándose en cobertura xa moi preto da publicidade exterior. Boas novas para o cine, que duplica case a súa audiencia subindo máis de 40 puntos porcentuais, malia ter só un 2,8% de cobertura.
Os datos da vaga do ano pasado e a súa comparativa con 2013 pódense consultar aquí.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.