O Consorcio para Innovación Pesqueira súmase a un proxecto para transformar a cadea de valor do peixe

A idea é poder rastrexar todas as mans polas que pasa o peixe dende que sae do mar ata que chega ao cliente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2023 | Actualizada ás 16:25

Comparte esta noticia

O consorcio para a Innovación pesqueira e Acuícola, liderado pola Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI) xunto co Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar e o Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC), uniuse a un proxecto de rastrexabilidade destinado a transformar a cadea de valor de peixe.

Segundo informa, co obxectivo de garantir a transparencia e a seguridade no proceso de pesca, "esta iniciativa está a xerar avances significativos na xestión sustentable dos recursos pesqueiros". Para este fin, desenvolveuse unha plataforma "baseada na tecnoloxía 4.0 de Blockchain e suplementada coa Internet das cousas (IoT) que permite validar a rastrexabilidade do proceso de valor dos produtos pesqueiros desde o mar ata as mans do cliente".

A pasarela estará soportada mediante os datos achegados desde o momento da captura, pasando polo procesado ata as mans do cliente. O proxecto, financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de España, ten como meta "achegar solucións tecnolóxicas que melloren a eficiencia, a transparencia e a sustentabilidade na cadea de valor do peixe".

Descarga de peixe
Descarga de peixe | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta