Sabes cantos quilos ten a tapa de polbo máis xigante do mundo?

O Carballiño prepárase para betar unha nova marca Guiness.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/08/2023 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

O Carballiño prepárase para bater unha nova marca ao preparar a tapa de polbo máis grande do mundo, con 580 quilos, 65 máis que na pasada edición. Segundo informou o Concello, os 'pulpeiros' e 'pulpeiras' aspiran a volver facer " historia" este martes, 8 de agosto, a partir das 19,30 horas.

Para a elaboración destes 580 quilos de polbo en formato de tapa xigante serán necesarios 45 litros de aceite, 5 quilos de sal e 2 de pemento.

Como cada ano, prevese que sexan centenares os veciños e visitantes que acompañen aos 'pulpeiros' na súa misión. A tapa, cun prato de 5,37 metros de diámetro, poderá degustarse ao finalizar a preparación.

O Carballiño leva xa máis dunha semana celebrando a Festa do Polbo cunha programación que se estenderá ata o domingo, 13 de agosto, cando está prevista a gran romaría no Parque Municipal.

Unha persoa sostén unhas tesoiras fronte a quilos de polbo no Carballiño
Unha persoa sostén unhas tesoiras fronte a quilos de polbo no Carballiño | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta