Continúa aberta ata o 2 de outubro a convocatoria para o IV Premios Galicia de Innovación e Deseño

O certame ten seis categorías das que tres están especificamente dirixidas a recoñecer a persoas e empresas que contribúen de forma relevante á mellora do prestixio do deseño galego e as compañías que, ao incorporalo á súa estratexia empresarial, son exemplo de que o deseño actúa como motor de innovación, sustentabilidade e competitividade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2023 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

A Xunta mantén aberto, ata o próximo 2 de outubro, o prazo de presentación de candidaturas para os IV Premios Galicia de Innovación e DeseñoSegundo explicou o Executivo autonómico, estes galardóns son unha iniciativa da Axencia Galega de Innovación, para recoñecer a contribución singular de profesionais e empresas ao desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e do deseño.

Así, o certame ten seis categorías das que tres están especificamente dirixidas a recoñecer a persoas e empresas que contribúen de forma relevante á mellora do prestixio do deseño galego e as compañías que, ao incorporalo á súa estratexia empresarial, son exemplo de que o deseño actúa como motor de innovación, sustentabilidade e competitividade.

Un deses premios será para profesionais cunha traxectoria de polo menos cinco anos, outro para empresas que incorporasen o deseño á súa estratexia empresarial durante unha década como mínimo e outro para deseñadores de ata 35 anos e cunha traxectoria profesional inferior a 10 anos. As outras tres categorías recoñecen a persoas e empresas galegas que representan o valor da innovación como un elemento crave para o desenvolvemento da estratexia profesional e do crecemento no mercado, respectivamente.

A categoría de traxectoria innovadora recoñece a profesionais e líderes empresariais cunha experiencia de polo menos 10 anos na que a innovación tivese un papel relevante. As categorías de grande empresa e pemes distinguen ás compañías cunha actividade innovadora destacada dun mínimo de 10 e cinco anos, respectivamente.

Deseño de compoñentes metálicos de gran tamaño
Deseño de compoñentes metálicos de gran tamaño | Fonte: AIMEN - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta