Aínda máis pachanga na Radio Galega Música

O ente público, creado para normalizar o galego nos medios, elimina Planeta Furancho da Radio Galega Música, un dos pouquísimos espazos que emitía música na lingua propia.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 23/05/2015 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

Un pouco dun clásico de Julio Iglesias a dúa con Dyango e logo o último de Camela. O novo de Coldplay e a continuación o maior éxito de  Tom Jones. A sección musical do fío musical, que ocupa a maior parte da programación, da Radio Galega Música é ecléctica, desconcertante e sen ningún criteiro claro. Un popurrí indefinibel no que o único observábel é a práctica ausencia da música do país, tanto da cantada en galego como nos outros idiomas.

Os rapeiros Mou e Sokram no programa Planeta Furancho da Radio Galega Música, nunha imaxe do seu Facebook
Os rapeiros Mou e Sokram no programa Planeta Furancho da Radio Galega Música, nunha imaxe do seu Facebook

Planeta Furancho era un dos poucos programas que rompía esta rarísima 'liña editorial'. Vituco Neira, o seu condutor, levaba máis de 1.400 emisións lanzando aos ondas música do país e en galego, sobre todo rock e folk, pero tamén outros estilos. Para gustos hai cores, pero Planeta Furancho cumpría coa función que está detrás da creación e do carísimo mantemento da CRTVG: normalizar o idioma galego naqueles ámbetos, como os medios e a música moderna, onde parte en desvantaxe. 

Cumpría porque o pinchadiscos anunciou esta semana que "a última emisión do Planeta Furancho vai ser o venres 29 deste mes das letras" porque "dende a Radio Galega comunicáronos que dende ese día prescinden do noso traballo". Neira agradeceu no seu comunicado o apoio da audiencia e da xente do sector durante estes anos, evitando referencias críticas a emisora que o acolleu.

Con todo, as críticas non tardaron en chegar da industria e do público. Desde a Asociación de Músicos Ao Vivo amosan "a máis enérxica condena ante este novo ataque á expresión artística en Galicia" porque "non andamos sobrados de planetas así, e Planeta Furancho, un deses lugares cheos de vida musical, tería que ser espazo protexido".

Pola súa banda, a Federación Galega de Festivais convocan "a todas as personas que queiran apoiarnos co fin de mostrar o noso desacordo e esixir repoñer o programa de inmediato por ser o único que apoia e programa música galega". A concentración será  "o  sabado 23 de maio Hora 21.30 da tarde noite" na sede da CRTVG en San Marcos, Bando, Compostela. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 Alex S.

A próxima movilización será este xoves 28 ás 20.30 na praza do Toural, en Compostela.

4 Lucky

Unha magoa que desapareza o programa...era ilusionante, fresco, e un espazo onde disfrutar de moita música que non entra no mainstream....e merece ser emitida. Animo Vituco!!!, a loita continua......sempre adiante!! ( opinade con xeito !!) Lucky

3 El Capitán Trueno

Lo que había que hacer era cerrar el canal autonómico. Es un saco sin fondo. Los unos por la pachanga y los otros por querer convertirla en punta de lanza de proclamas a lo Goebbels pero en plan identidade y mamarrachadas parecidas.Total, la audiencia es mínima y a los del rural y a los viejos que la ven, le ponen en la primera o en telecinco una jaiteirada aderezada con algo de jaita y ya

1 semoncho

While we're at it, why not close all these pest spanish radios, and do transmit international radios instead. So perhaps, it would be possible to get a decent place in the Eurovision Song Contest. In addition the new generations would be better prepared for their future careers: emigration.

2 galegoexiliado

Radio Rosarillo Música tén alerxia a todo o galego e so emite españoladas, flamencadas e música marujil, todo menos música galega. É una radio pa votantes ppopulares, españoles y gentes de bien.

1 Don Nicolás

Ah, ¿Pero hay música en gallego para llenar toda la programación de cinco días de un canal sin repetirse? ¿Qué tiene de malo la gente de bien? ¿Es que hay que dirigir la programación a los h de p?

2 Aquenonsabes?

Resposta a Don Nicolás: Si, hai música en galego abondo: Milladoiro...uns centos de pezas instrumentáis; Luar na Lubre, música sen par na península, outra xeira de pezas ; Fuxan os ventos...de vicio e outra xeira; Berrogüeto (inesquecibles para min); as preciosidades que cantaba a Sra. Carme das Malvelas (a súa versión do ramo verde vos pón verdes e ciumentos, un recordo para ela). En galego temos para rato: Sondeseu, Coque, O pulpiño (demo de nome), as de Pontedeume (non lembro todos os nomes)... Hai para séculos enteiros ca música só de Galiza e en galego; agora dime ti as que hai en castelán, meu rei.

1 Até cando??

Eis aí o traballo do PP