Marea de voluntarios para loitar contra o "novo Prestige" dos microplásticos na costa galega

Organizacións ecoloxistas dan consellos de como actuar ante a nova catástrofe das praias galegas e piden que os e as voluntarias que acudan as praias o fagan de xeito organizado.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/01/2024 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

Distintas organizacións ecoloxistas levan días tentando organizar aos numerosos voluntarios que se están achegando ás praias galegas contaminadas polos microplásticos que centos de bolsas de péllets dun barco a multinacional Maersk deixaron espalladas desde a ría de Muros e Noia ata a ría de Ribadeo.

Pellets achados na praia das Furnas
Pellets achados na praia das Furnas | Fonte: Noia Limpa

Este mesmo domingo están organizadas varias quendas de limpeza. Neste documento están as horas e lugares de limpezas de praias en toda Galicia. Ante a falta de resposta das administracións, principalmente da Xunta de Galicia que lle bota a culpa ao Goberno central, os ecoloxistas están organizandose con distintos concellos para que subministren recipientes nos que depositar os plásticos. 

CONSELLOS

Ente os consellos que dan é que as voluntarias leven uvas imperbeabilizantes duras ( non latex), mascarilla, bolsas de plástico/capachos e tirar aos contedores que poñan os concellos e como segunda opción ao contedor amarelos, tapices e coladores para recoller e lembran que se se sabe dalgunha praia afectada que non estea rexistrada que se chame ao 112. 

"O mellor e poñerse de acordo cos concellos e asociacions da zona para facer acopio desde material nun único punto para poder facer un reconto da cantidade de material recuperado. Non deben ir a ningún tipo de contedor ordinario, pois polo tamaño que ten e o material de que se trata, no vai a poder ser recuperado de xeito ordinario", advirten desde Adega que fala xa dun "Prestige 2 en toda regra".

Ante a multitude de mensaxes para participar nas limpezas das praias, Adega advirte que está en proceso de confirmar cos concellos a súa colaboración na recollida dos residuos para fixar as localizacións. Lembra que o voluntariado de Adega sempre conta cos correspondentes seguro de accidentes e permisos. "Se queres participar con ADEGA nas tarefas de voluntariado podes deixar o teu email no seguinte formulario. Logo, mantente atento/a ao teu correo electrónico e ás nosas redes onde che daremos máis información", sinala.

MATERIAL DESCOÑECIDO

O material espallado nas praias é un aditivo utilizado na fabricación de plásticos, polo que non e plástico puro en si. Trátase dunha formula patentada da cal ainda non se aportou información. Os ecoloxistas din que se trata dun estabilizador UV para facer os plásticos máis resistentes a estas radiacións. "Era bo aportar algunas mostrás a alguna universidade para que analicen e informen de que material se trata. A empresa fabricante non o fai, di que a información está en mans de Maersk que e a empresa responsable da perda dos contenedores que viñan da sua fabricación na India", aseguran.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta