Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2024 | Actualizada ás 19:28
Un incendio forestal permanece activo dende a tarde deste luns no municipio coruñés de Rois, onde, ata o momento, arderon 50 hectáreas. O forte vento que sopra na zona está facendo moi difícil o control do lume, cuxa fumareda se vai espallando rapidamente en direccion sur, chegando as chamas xa á estrada AC-301, principal vía de comunicación de Rois con Padrón e Noia. A zona atópase rodeada de plantacións de eucalipto. O fume pode ver dende Santiago, Padrón, Rianxo e Boiro, mesmo dende algúns puntos da zona de Arousa.
Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume iniciouse ás 17.55 horas na parroquia de Herbogo, na parte sur do municipio. No seu control traballan tres técnicos, oito axentes, seis brigadas, catro motobombas, dúas pas e medios aéreos. Os helicópteros están collendo auga nos ríos Sar e Ulla. Na AC-301 tamén se atopan axentes da Garda Civil de Tráfico para vixiar que as chamas non avancen máis ata o punto de ser preciso cortar a estrada.
Incendio forestal activo en Rois chegando á estrada AC-301 | Fonte: CedidaVer esta publicación en Instagram
Una publicación compartida de Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)
Ver esta publicación en Instagram
Una publicación compartida de Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)
Incendio en Rois | Fonte: CEDIDA¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Verteduras aos ríos e cambios nos usos do solo: dos xurros contaminantes ao arrasamento de montes enteiros
- Galicia incrementa o persoal de vixilancia antiincendios nos seus montes este verán: serán 35 patrullas
- Comeza o ciclo de conferencias da Real Academia Galega de Ciencias dedicado ao mar
- Pesca e marisqueo ilegal: de vieiras con toxinas a angulas con destino a Asia e ameixas furtivas
- Controlado un incendio no barrio de Covadonga, en Ourense, e estabilizado outro en Lalín
- Caza ilegal e furtivismo: de lazos de aceiro a escopetas con silenciador e trofeos falsificados