Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2024 | Actualizada ás 13:37
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, mostrou a súa "máxima preocupación" por unha "nova parálise" de proxectos eólicos en Galicia, polo que defendeu a avaliación ambiental que se leva a cabo na Comunidade é "o máis rigorosa posible". En declaracións difundidas pola Consellería aos medios de comunicación, Vázquez anunciou que solicitará nos próximos días unha reunión coa ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Teresa Ribera, para coñecer o seu posicionamento respecto diso e para coñecer as medidas que pretende levar a cabo o Goberno.
A titular de Medio Ambiente do Executivo autonómico lembrou que a Xunta esixe que este tipo de proxectos pase a avaliación ordinaria, que garante a información e consulta pública, con "informes técnicos obxectivos, rigorosos e imparciais" elaborados por funcionarios. "Establécense as condicións que garanten que non haxa dano ambiental e preto do 50 % dos proxectos presentados recentemente foron rexeitados por motivos ambientais tras a súa rigorosa análise", reivindicou.
Vázquez dixo que neste punto "está comprometida a descarbonización de Galicia", debido a que a Comunidade perdeu "liderado". "Estabamos en primeira posición e xa deixamos de estalo", lamentou, indicando que isto inflúe no resto de proxectos presentados noutras comunidades. Todo iso despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordase nos últimos días a suspensión cautelar de tres novos parques eólicos, superando o medio cento de proxectos paralizados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.