Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2024 | Actualizada ás 21:00
O comité de folga da ITV galegas cifrou nun 95% o seguimento da primeira do catro xornadas de paro que ten previsto levar a cabo todos os sábados do mes de agosto, tras sumar case un ano de negociacións para aprobar un novo convenio colectivo.
Ademais, sinalou que o 5% restante trátase de persoal eventual e persoal de dirección das estacións que están fóra do convenio. Nas estacións de Lugo e Monforte secundaron a folga o 100% do persoal, mentres que na estación de Xinzo de Limia non a seguiu ninguén (sete empregados).
Ante estes datos, o comité de folga e CC.OO Industria celebra este "éxito sen precedentes" na ITV e solicita á dirección da empresa unha reunión de inmediato para que "senten a negociar en serio" e tratar de "alcanzar un acordo satisfactorio antes do próximo sábado".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.