Acusan á Xunta en Lugo de actuar a favor da distribuidora eléctrica Begasa

ODICE denuncia que a Delegación Territorial de Industria de Lugo foi cómplice dun presunto delito cometido contra un hosteleiro de Lugo ao que se lle cortou o suministro eléctrico a pesar de presentar varias reclamacións que non foron resoltas.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 11/03/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

A Oficina y Defensa de Información do Consumidor Eléctrico (ODICE) acusa á Delegación Territorial de Industria de Lugo de actuar a favor da distribuidora eléctrica Begasa no conflicto que mantén cun hotel de Lugo desde a pasada semana.

Funcionamento dun contador de luz dixital
Funcionamento dun contador de luz dixital | Fonte: domoelectra.com

Esta entidade denuncia que a Xunta, a través do seu representante, analista de Laboratorio de medida, e con consentimento da delegada territorial de Industria, participou coa distribuidora Begasa, na retirada dun contador da subministración eléctrica do Hotel Porta de Santiago de Lugo a petición da distribuidora sen previo aviso nin comunicación ao propietario do devandito establecemento. Tampouco tivo o consentimento deste hosteleiro como propietario dese contador.

Tal e como xa publicou GC, Begasa cortoulle a electricidade a este establecimento logo de que o seu propietario solicitaria o cambio de compañía ao considerar que había sobretarifación da luz consumida. A pesar de presentar varias reclamacións na Delegación de Industria da Xunta en Lugo, a disbribuidora decidiu deixala sen electricidade.

Así, acudiu ao establecimento para retirar o contador sen o permiso do propietario. Dita retirada foi efectuada ante un notario que levou a propia Begasa e co visto e prace da Delegación Territorial de Industria, a pesar das reclamacións presentadas ante este departamento e non resoltas. A distribuidora alegou que sospeitaba que o contador estaba manipulado polo titular da subministración, pero, a propia acta notarial recolle que non había ningún tipo de alteración deste aparello.

“A Delegación Territorial de Industria axudou a retirar o contador con toda celeridade, sen custo algún para a distribuidora, e sen avisar previamente ao titular da subministración da súa intervención”, denuncia ODICE. Tamén se queixa de que os representantes da Xunta se presentaron no establecemento hoteleiro “interrompendo a subministración en plena hora punta de traballo e ameazando ao seu titular, a pesar de que iso vulnera a propia lei”.

O hosteleiro aceptou á retirada do contador, e logo de varias negativas, polas ameazas de Begasa. Este aparello quedou, finalmente, custodiado polo representante da  Delegación Territorial de Industria que non lle entregou ao titular a preceptiva acta. Nela debería quedar reflectido o estado físico do contador, as lecturas do mesmo no momento da retirada, o período de programación actual no momento da retirada, nin información sobre a parametrización do contador tal e como recolle a lei.

Industria tampouco colocou os precintos correspondentes para garantir a custodia de traslado do devandito contador ao laboratorio oficial da Xunta de Galicia en Ourense, cuxa verificación foi solicitada polo titular da subministración ante os defectos de programación e funcionamento que presentaba o contador, incumprimento con iso de novo o establecido pola lexislación vixente.

Uns procedementos aos que está obridado este departamento da Xunta xa que todo titular dun contador ten que abonar, previamente, unha taxa de 83 euros, precisamente, para evitar este tipo de manipulacións dos aparellos de medición eléctrica. 

Precisamente, este departamento, négase, agora, a devolver esa taxa que cobra en concepto de comprobación e verificación dos contadores tras emitir o Departamento de Meteoroloxía da Xunta un informe negativo no que di que o contador-rexistrador incautado non cumpre, nin se atopa programado como indica a lei.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta