Por Galicia Confidencial | A Coruña | 10/04/2016 | Actualizada ás 21:42
A presencia de Carlos Aymerich hoxe nas primeiras filas da Conferencia Política de ANOVA- ao lado do líder Xosé Manuel Beiras- suscitará comentarios na esquerda galega -inmersa na negociación dunha confluencia e na busca dun cabeza de cartel. Consciente do significado da imaxe, o ex-voceiro parlamentar do BNG quixo quitarlle ferro á súa presencia.
Así, o ex-deputado enmarcou a súa presencia na normalidade das relacións entre nacionalistas e na resposta a unha invitación.
Aymerich foi moi claro nas súas preferencias para as autonómicas: unha candidatura unitaria de esquerdas, non supeditada a un estratexia partidaria e en clave galega. Un punto de vista similar ao expresado con anterioridade por Xosé Manuel Beiras.
O político non milita en ningunha forza despois de que deixara o BNG na súa recente Asemblea Extraordinaria. Hoxe dixo que hai moitos nacionalistas "sen teito" están agardando a que se reconfigure o mapa político para tomar unha decisión. O profesor da UDC estivo acompañado por varias persoas de Abrente, a corrente na que se organizaron no Bloque os máis próximos á socialdemocracia tras a Asemblea de Amio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.